domingo, 17 de maio de 2009

XORNADA TECNICA DE NAVEGACION TRADICIONAL




O Vindeiro dia 30, a nosa asociación ten organizado unha xornada técnica sobre navegacion tradicional, que se centrará nas embarcacions do Norte de Galicia e concretamente no caso de Sada. Será na Casa da Cultura "Pintor Llorens", e comenza as 11 da mañán.
A Xornada está dividida en tres actos. Pola mañán, teremos unha interesantísima conferencia sobre as embarcacions do norte, a cargo de Bernardo Maiz e Cásar Bedoya, ambos expertos en estas embarcacions.

No segundo asalto, teremos unha mesa redonda sobre o estado do noso patrimonio marítimo, as vias de conservación , o tratamento que ten a administración sobre este tema, as iniciativas que se poden dar, etc. Estarán O Capitan marítimo de Sada, o Presidente da AAETG, o director do Museo do Mar de Galicia , e salvo imposibilidade de vir, o presidente de Portos de Galicia.
Tamén temos organizada unha comida con pratos tradicionais que por mor de non ter ainda subvencions nos vemos obrigados a cobrar (6 € para cubrir gastos), pero incluimos un pequeno agasallo. E importante apuntarse con antelación no noso correo (patexeiros@hotmail.com), pois non temos moitas prazas. Será por orde de inscripción.
E despois de comer temos un acto de recolleita da memoria da cultura popular, consistente en ter as testemuñas da xente mais maior de Sada, xunto con entendidos en navegación tradicional para intentar reconstruir cómo eran os barcos "patexeiros", como navegaban a vela, como collian o patexo, a que outras artes andaban, etc.
E como despedida, temos unha pequena visita guiada polo paseo marítimo de Sada, onde o visitante pode ver en que estado temos o noso patrimonio marítimo, e a visita ó barco.
Esperamos veros alí en Sada, compartindo con nós a ilusión de pensar que ainda non e demasiado tarde para poder facer algo pola conservación do patrimonio marítimo, agora tamén en Sada.
A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com