Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2009

III Concentración de embarcacions tradicionais en Ares

O Pasado sábado 15, tivo lugar a III Concentración de embarcacions tradicionais organizada polo C.N.Recreativo de Ares. Fíxose unha regata costeira de 2 h e media , e na que participaron 11 barcos. A clasificación foi: 1.- Abur C.M. de Redes 2.- Soundtress C.M. de Redes 3.- Teresa C.N.R. de Ares 4.- Cocodrilo 5.- Masmadera C.M. de Redes 6.- Alivanta C.N.R. de Ares 7.- Okeechove C.M. de Redes 8.- Gaviota C.N.R. de Ares 9. Matamo 10.- Mariñán II C.M. de Redes 11.- Reina de África C.N.R. de Ares Lamentablemente Os Patexeiros non puidemos asistir, polo que pedimos disculpas oficialmente. A saturación de regatas e eventos nestas datas, fai que non se poda asistir a todas. En calquiera caso, esperemos que o ano que ven puidamos participar. Por outra banda, este sábado dia 22, celebraremos a derradeira regata de verán da Copa "Patexeiros", na que coma sabedes os de Ares seguen en cabeza. a quen lle apeteza, agardámosvos as catro da ta

Vamos a mais: Gran éxito da terceira regata en Sada

Imaxe
A pesar do tempo , a pesar das dificultades dos ventos de NNE de 12 a 15 nós , o pasado sábado celebramos a terceira das catro regatas de vela tradicional en Sada da Copa Patexeiros . Ainda que o Líder, Pepe o do "O Sorio " do C.N de Ares segue a estar na primeira posición, desta fraqueou un pouquiño . Coma sempre, podedes ver a clasificación aquí: http://sites.google.com/site/descargasxerais/Home/regatas-e-outros-eventos?pli=1 Xa sabedes que canbiando as pestañas de abaixo vedes as clasificacions de todas as regatas e a Xeral Os amigos de Redes chegaron coma as invasions vikingas , nun feixe de barcos dispostos a arrasar. E así o fixeron . O vencedor indiscutible destas duas mangas foi Paco, co " Abur ", pero o Trebón e o " Masmadera " andivéronlle ahí detrás. Os patexeiros volvimos a quedar un pouco atrás debido a dificultades técnucas . Por decilo así. Resulta que na buceta entraba auga pola borda nada mais sair , e xa

Seguimos coa Copa "Patexeiros"

Os afeccionados a vela tradicional, as orquestas e os curas, temos algo en común: No verán , non paramos nin un fin de Semana. Xa sabemos que non é doado compaxinar isto coas nosas vidas familiares, pero polo menos intentámolo. As dúas vertentes. Este pasado dia 1 de Agosto, un sábado no que quedou unha tarde preciosa, en contrapronóstico, nos fumos á concentración da Coruña. Coma todos os anos, o cócktail non faia: Gaiteiros, Churrasco e vela tradicional. E non nos choveu. Fixemos un bó espectáculo navegando coas nosas velas latinas, de relinga, cangrexa, polo paseo marítimo. Coma sempre, os turistas e transeuntes, andaban un pouco despistados, penso que lles chamou máis a atención os barcos eses que viñan da volta en solitario o mundo. A verdade e que por un momento, fumos unha maqueta do festival de Brest: a vela tradicional, o barco de guerra francés, o castelo de fondo, os curiosos en terra e mar, e os barcos ultramodernos de non sei que c. de race que nos quitaban a atención....