xoves, 24 de decembro de 2009

Sendeirismo Costeiro

Desde o pasado domingo 20 , xa se pode dicir oficialmente que estamos a percorrer a Costa Galega a pé.
Como ben sabedes moitos de vos, na nosa asociación nos propuximos ir facendo rutas de sendeirismo por toda a nosa costa.


Nesta primeira ruta, fixemos un percorrido sinxelo por Cabo Prior, que ademias foi circular:


Ademias, creamos unha páxina que podedes ver pinchando na foto da parte esquerda (sendeirismo costeiro) na que vos podedes descargar o Track list para meterlle a un GPS e seguir esta mesma ruta.

Gracias a unha adaptación que fixo Angel, descargouse o Google Earth no TOM TOM, e fumos facendo a ruta mirando en tempo real a foto de satélite. Este método nos permitiu facer a ruta por onde quixemos, e incluso coller atallos descoñecidos para nós.

Alá quedou a primeira bandeira posta, no cabo Prior:


Agora quedan anos e anos por diante para facer todo o percorrido, que non será secuencial, senón que iremos saltando según vexamos. Non podemos esquecer esta parte tan importante do noso patrimonio marítimo. Non se pode intentar protexer algo que non se coñece.´
Vos podedes apuntar no noso correo para as seguintes rutas, que esperamos que sexan como mínimo unha vez ao mes. Non hai un calendario fixo, porque tamén dependemos do tempo que faga , pero avisaremos cuns dias de antelación.


Podedes disfrutar desta e mais fotos no noso album específico para o sendeirismo, ó que podedes acceder no link da ruta.

domingo, 13 de decembro de 2009

TRASLADO DA BALBINA O CARPINTEIRO DE LORBÉ

O pasado sábado, e despois de estar dous meses esperando a que o mal tempo nos dera unha tregua, por fin nos aventuramos a levar á Balbinaó carpinteiro de Lorbé.


Como xa sabedes, o motor ainda non está como para traballar, e houbo que remolcala, neste caso con duas zodiacs, unha a proa (a de Xose Manuel) e outra mais pequena a popa, facendo as veces tamén de timón.

O Capitán (mellor dito o Comandante) Martiño dirixiu con bo pulso a operación, que foi un exitazo, non tivemos ningún problema e chegamos a Lorbé en algo menos de unha hora.



E Alá nos estaba a agardar o Pepe, o carpinteiro co carro na rampa. Agora xa está en terra, e lista para empezar a restauración (cando se poda). Así que todo o que quera ir a admirar esta fermosura, pode facelo no porto de Lorbé, onde estará por varios meses.


Sabemos que todo o que via por alí ó verlle a súa popa vaise namorar dela, así que xa sabedes. Agora, mais que nunca, precisamos do apoio do todos.

E tamén estamos encantados de anunciar que :

POR FIN, E TRAS VARIOS MESES DE PAPELEOS E ESPERAS, A BALBINA XA ESTÁ OFICIALMENTE CEDIDA A NOSA ASOCIACIÓN, E NON SE DESMANTELARÁ SENON QUE SERÁ BAIXA POR CAMBIO DE LISTA.

Esta noticia, coñecímola a seman pasada. Agora xa poderemos navegar nela , unha vez reparado o metor e a obra morta.

Por último, agradecer públicamente a todos os que dalgún xeito nos botaron unha man para poder facer este traslado: a Xose Manuel, que nos remolcou por proa, a Jaime coa zodiac do C.N. Recreativo que nos fixo de Timón, ó Capitán marítimo de Sada, que nos asinou un permiso especial para podela levar por mar remolcada, a Marina Sada, que nos apoiou unha vez mais coa loxística, ó Pepe, o carpinteiro, e como non, ó imprescindible Comandante Martiño.

Podedes ver as fotos do traslado no albun que tedes ahí na esquerda, e algún pequeno video tamén sección de videos


venres, 4 de decembro de 2009

OPORTUNIDADE HISTORICA DE RECOÑECEMENTO LEGAL DAS EMBARCACIONS TRADICIONAIS

Parece ser que estes días andan en Madrid coa redacción do proxecto da lei xeral de Navegación Marítima.


Para os que vos sone a chino, vos aclaro: Madrid e por ahí tirando por Pedrafita abaixo, indo como cara a Almería, xa non ten perda, non te tes que desviar. E é unha cidade onde xoga o Alcorcón de fútbol, e que se fan as leis estas tan xerais e as veces tan absurdas. Mar mar, o que se di Mar, non hai, pero e igual, total non hai moitos barcos.


Algén por alá en Catalunya estivo atento, e parece ser que se redactou unha enmenda que vai ser apoiada polos partidos políticos con representación parlamentaria para que como mínimo se tivera en conta a existencia das embarcacions tradicionais e /ou históricas na devandita lei.


Aquí tamén se está a mover a cousa, gracias a Federqación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.


Ahí vos vai o texto da enmenda:



Las embarcaciones históricas y tradicionales ante el Proyecto de Ley General de Navegación Marítima
¿Por qué una enmienda?
Porque con ella nos ponemos a la altura del resto de países europeos en temas como la protección del patrimonio cultural marítimo.
Porque permite mantener y fomentar la creación de empleo al potenciar los diferentes sectores económicos vinculados a las embarcaciones históricas y tradicionales: astilleros, carpinteros de ribera, velería, maquinaria, marinería, escuelas de formación, técnicos turísticos...
Porque las embarcaciones históricas y tradicionales forman parte de la identidad que nos es propia y nos vincula históricamente al mar, y ello contribuirá a desarrollar iniciativas en temas tan diversos como la promoción turística con un alto valor cultural; la ordenación de puertos, al potenciar la creación de lo que podría calificarse de muelles históricos -y que en algunos de los países europeos atraen cada año a centenares de visitantes -; el acceso a la navegación desde las etapas escolares más tempranas, etc.
Por todo ello, creemos fundamental introducir la siguiente enmienda al
PROYECTO DE LEY GENERAL DE NAVEGACIÓN MARÍTIMA
Disposición adicional: Protección del Patrimonio marítimo flotante. Estatuto jurídico de las embarcaciones históricas y tradicionales.
Las embarcaciones tradicionales e históricas, entendiendo como tales aquellas embarcaciones que en su proceso constructivo se utilizaron técnicas artesanales inherentes a una sociedad o grupo social, dotándole de un interés identitario y patrimonial, y que como producto de una actividad artesanal, está ligada a su entorno, interactuando con la naturaleza y la propia historia de la comunidad social, bien por la transmisión de los conocimientos de los artesanos, bien por el desarrollo de la actividad para la que la embarcación fue construida (comercial, cabotaje, pesca, recreo, etc.), que incentivan y promueven la náutica, las vocaciones marítimas y los oficios tradicionales, que como parte que son del legado que nos vincula como pueblo al mar pueden ser consideradas como monumentos culturales vivientes y son manejadas de acuerdo a los principios tradicionales de la técnica y la práctica marítima y de acuerdo e inspirándose en los principios expuestos en el artículo 46 de la Constitución española (1), la Convención para la Salvaguardia del Patrimonio Cultural Inmaterial de la UNESCO (2003) (2), la Carta de Barcelona (Charter Barcelona) (3) y el Wilhemshaven Memorandum of Understanding (MoU) (4), este último ya firmado por el Gobierno de España, y de conformidad con los principios del derecho comparado europeo y el European Maritime Heritage (3), se regirán por un estatuto jurídico propio, desarrollado por vía reglamentaria, que garantizará su protección, uso y promoción de las mismas y de los oficios artesanales vinculados a ellas, entendiendo que forman parte de un legado cultural y patrimonial inherente a la sociedad española y reconociendo que la conservación de embarcaciones con valor histórico en sus condiciones tradicionales y de funcionamiento como un vivo patrimonio marítimo común es de interés público.
Dicha norma recogerá y unificará en un único estatuto jurídico los criterios y normas a aplicar a las embarcaciones tradicionales e históricas en los aspectos de construcción, navegación, seguridad marítima, figuras de protección del patrimonio, instrumentos de fomento, régimen fiscal, etc. Y deberá entrar en vigor antes de un año, contado a partir de la publicación en el Boletín Oficial del Estado de la presente Ley General de Navegación Marítima.
(1)
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
Artículo 46
Los poderes públicos garantizarán la conservación y promoverán el enriquecimiento del patrimonio histórico, cultural y artístico de los pueblos de España y de los bienes que lo integran, cualquiera que sea su régimen y su titularidad. La ley penal sancionará los atentados contra este patrimonio.
(2)
CONVENCIÓN PARA LA SALVAGUARDIA DEL PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL. UNESCO
http://www.unesco.org/cuIture/ich/index.php?pg=00006
(3)
CHARTER BARCELONA (2002)
THE BARCELONA CHARTER
EUROPEAN CHARTER FOR THE CONSERVATION AND RESTORATION OF TRADITIONAL SHIPS IN OPERATION
http://www.european-maritime-heritage.org/bc.aspx
(4)
Memorandum of Understanding (MoU) (2005)
Memorandum of Understanding on the mutual recognition of certificates for the safe operation of traditional ships in European waters and of certificates of competency for crews on traditional ships.
http://www.european-maritime-heritage.org/mou.aspx


Para mais información, podedes visitar a Páxina de Joan "El mar es el camí":




Por suposto, ´na Páxina da Federación Galega pola cultura Marítima e Fluvial:




E un interesantísimo artigo no blog do Lajareu:




Non sei que haberá que facer para que os señores lexisladores atopen diferencias entre unha embarcación tradicional e a que non o é. O único que se me ocurre (por se a enmenda non prospera) e levarlles ó Parque do Retiro un deportista no seu 470 vestido de neopreno e mais un mariñerio coa súa dorna, acompañado dun o carpinteiro de ribeira.


Esperemos que haxa sorte, ou mais que a sorte, que nestas datas está destinada case en exclusiva para á lotería, como dicimos por aquí,


¡ SENTIDIÑO !



A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com