Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2010

Segunda xornada de cursiño

Imaxe
Bueno, por motivos de sobrecarga de traballo, o noso Presi non ten tempo de ir actualizando o blog, así que lle tomo o relevo. Empezamos pola mañán Ana, Miguel e Palmeirán facendo exercicios de quencemento rascando o casco da Balbina. Hoxe, Pepe recomendóunos usar a radial. Fixémoslle caso, a experiencia é un grado, xa sabedes. E alí estivemos, Ana, que nos iba sacando o máis gordo ca rasqueta e logo Miguel e eu con cadansúa radial. Adiantamos moito, casi acabamos a banda de babor, e fixemos toda a amura de estribor. Quédanos pendente a popa e o resto da banda de estribor. A ver se ó longo da dúas vindeiras semáns lle imos dando caña. Pola tarde empezamos a segunda xornada do cursiño. Hoxe faltaron tres dos alumnos por compromisos xa anunciados. Pero o resto do asistentes seguimos de novo con moito interés as explicacións dos mestres. Neste 2º día David trouxo un microscopio para ver as estructuras celulares das distintas madeiras. Pepe explicóunos como nacía un bote, dende o mesmo tab

Xa empezamos o cursiño

Imaxe
Este ano, ainda non probamos o mar, pero xa estamos a desenrolar actividades. Como sabedes, o pasado sábado comenzou o noso primeiro cursiño de carpintería tradicional no carpinteiro, e parece que está a ser un éxito de participación e de contidos. Pepe, que ven sendo o noso "carpinteiro de cabeceira", (ou de familia, como se chama agora), buscou un colabourador que lle axudara a explicar a teoría, David, que nos demostruo o moitísimo que sabe cunha clase maxistral sobre ferramenta, a sua composición, afiado, etc, que quedamos abraiados. Cando algo non apareza na Wikipedia, preguntádelle a David, seguro que o sabe. Ademias, houbo bo humor e moitas, moitísimas ganas dos participantes nesta primeira toma de contacto. Podedes ver no noso album as fotos da xornada (buscade por ahí pola esquerda o noso album de fotos) Para o seguinte sábado, temos previstos meternos xa con cousas mais serias, e aparte de seguir a rascar na Balbina, queremos empezar a restaurar o bote no propoio c