martes, 29 de xuño de 2010

CRUCEIRO A FERROL NO TINA HUSTED


O vindeiro domingo 4 de xullo Os Patexeiros organizamos unha singladura a Ferrol a bordo do veleiro Tina Husted.

PREZO: 25 Euros por persoa (Os costes non inclúen a comida, é recomendable que cada quén leve a súa a bordo)

Nº LÍMITE DE PRAZAS DISPOÑIBLES: 20 prazas.

SAIDA: DOMINGO 4 DE XULLO 2010 ÁS 11,00 A.M DENDE O PORTO DE SADA
CHEGADA DE VOLTA A SADA: ÁS 21,00 P.M

PARA INSCRIBIRSE: INGRESO EN CONTA A NOME DA ASOC. CULTURAL MARIÑEIRA DE SADA "OS PATEXEIROS"

CONTA Nº 2100 - 4202 - 19 - 2100206429 (ver instruccións adxuntas en formato PDF) e cubrir formulario adxunto en formato word enviar ó correo:

nachobaamonde@hotmail.com

PARA MÁIS INFORMACIÓN CONTACTAR CON PATEXEIRO NACHO BAAMONDE NO TLF: 64 64 116 24

domingo, 13 de xuño de 2010

A Balbina arrancou

Este sábado 12 de xullo, coa axuda do fenomenal mecánico Juan Luis, botamos a andar o histórico motor Larrán da Balbina.


Podedes ver máis información no blog específico que temos creado para a Balbina.

by Palmeirán

domingo, 6 de xuño de 2010

A Balbina xa está en Sada

Este domingo pola mañán procedemos, coa imprescindible axuda de David, o seu Tina Husted, e Maca, a darlle remolque a Balbina cara ó seu porto de Sada.

Case con puntualidade inglesa, sobre as 11 da mañán de hoxe, chegou David patroneando o Tina Husted a Lorbé.

A bordo da Balbina xa o estábamos esperando o patrón Martiño e os mariñeiros Agustín, Francisco, Nacho, Xose Lagares e un servidor, Jose "Palmeirán".

Tras unha perfecta manobra do Tina Husted para poñerse á proa da Balbina, e grazas á colaboración dun amigo de Lorbé que nos levou a gamela de volta ó muelle, e así poidemos ir todos a bordo da Balbina, dou comezo o remolque.


A singladura transcorreu sen incidencias, cun mar como un prato. Aproveitamos para ir baldeando a cuberta que estaba chea de argazo.

Baixo as ordes do patrón Martiño foron exercendo de timoneis, Agustín, Nacho e Francisco, mentres os Xosés estábamos "castigados" fregando a cuberta.


Démonos conta do rápida que é a Balbina pois quería andar máis ca o Tina Husted.

Rondando a unha da tarde e tras outra perfecta manobra de David que nos deixou clavados na boia donde amarramos, demos por finalizada a operación do remolque.

Aproveitamos para darlle un millón de grazas a David por facer posible este remolque, a Maca por ir supervisando todo o tempo o enganche, e ó patrón da lancha (síntoo porque non lle preguntamos nen o nome) que nos levou logo da Balbina para o muelle de Sada.

A Balbina xa está no seu sitio.

Welcome home.


by Palmeirán

sábado, 5 de xuño de 2010

Xa estamos na Federación


Este pasado venres día 4 de xuño, a Asamblea da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial aprobou por unanimidade a entrada na FGCMF da Asociación Cultural Mariñeira de Sada "Os Patexeiros".

Tras unha breve presentación da nosa Asociación por parte dos nosos padriños do Clube do Mar de Ferrol, representados por Bedoya e Arturo, e outra pequena exposición da nosa andaina neste ano e medio pola miña parte, quedou aprobada a nosa entrada na Federación.

Na mesma Asamblea elexíuse a candidatura de Carril, para a organización dos X Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebrarán o vindeiro ano.

by Palmeirán
A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com