mércores, 21 de xullo de 2010

Xa fixemos a primeira regata do ano


Despois de ter que aprazar o comenzo da Copa do 2010, por fin este pasado domingo xa fumos comenzando a tempada. Que xa era hora, por certo.

Non houbo ningunha sorpresa, e comenzamos lamentablemente con media hora de retraso. Pedimos disculpas aos participantes por esa demora. Pero e que nese dia tamen estivemos a participar na exibición do dia do deporte náutico do Concello de Sada, e ademáis, chamounos o Campeón, o Pepe do O Sorio, que chegaba tarde.

Hai anos Perico Delgado perdeu o tour por mor de chegar tarde. Nos non somos así, por iso cando chamou Pepe xa lle dixemos que como non, esperaríamos por él.

Polo resto, o de sempre, o Pepe de primeiro, o resto de participantes polo medio e os Patexeiros de últimos. XA VOS COLLEREMOS, XA,

Podedes ver a clasificación da Copa nesta ligazón:

https://sites.google.com/site/descargasxerais/Home/regatas-e-outros-eventos

Ahí ides á Copa 2010, e veredes que segue a estar en Ares, porque o noso campeón segue a estar imbatido. É imbatible, parece que este ano tamén.

Tamén tedes as fotos no noso album, buscádeo ahí na parte esquerda, e veredes nas nosas fotos as do domingo pasado.

A todos aqueles que queiran participar na clasificación, ainda que so veñan a unha regata das de Sada, que nos avisen. Lembrade que o que en realidade estamos a premiar é a participación nos eventos de vela tradicional do Golfo Artabro, e por iso damos 3 puntos fixos por evento (regata, concentración).

Como novedade veredes que este ano todo aquel que asista leva 3 puntos, e logo se non é descalificado, a sua puntuación correspondente.

A vindeira cita, será a puntuación da Regata de Redes, onde o que avise da sua asistencia, lle sumaremos outros 3 puntos.

Bos ventos a todos

xoves, 15 de xullo de 2010

COMENZA A COPA BALBINA 2010

Por fin poderemos empezar a Copa Balbina 2010. Este ano, esperamos superar os 37 tripulantes en total do ano pasado. E esperemos que regrese a Sada.



A primeira regata, será enfrente da Praia de Sada, a 13:00 h do dia 18, o vindeiro domingo. Ademais, convidámosvos a participar na exibición - paseo que faremos en colabouración co C.N.Recreativo de Sada, no dia do deporte nautico do Concello de Sada, onde o público poderá embarcar en distintas embarcacions.



Os patexeiros non sumamos a esta iniciativa e aproveitaremos tamén para amosar a nosa flota, (Que xa sabedes que anda coma a de Felipe II) e mesmo convidar a quen queira embarcar. Por iso vos animo a se queredes vir un pouco antes da regata, e dar un paseo con nós.



A exibición será a partires das 11, e as 13h, daremos a saida da regata de vela tradicional. Para puntuar na clasificación da copa e imprescindible inscribirse na neumática da saida como máximo 10 minutos antes da saida (Decirlles os nomes dos tripulantes e o da embarcación ao oficial de regata), onde tamén se informará do percorrido definitivo.



Esperamos que vos animedes a vir a Sada o próximo domingo, que por certo vai ter unha climatoloxía perfecta para a práctica da Vela: sol, calor, e un vento Nordeste axeitado.

martes, 6 de xullo de 2010

CRUCEIRO NO TINA HUSTED POLA RÍA DE FERROL


O Pasado Domingo 4 de Xullo, David Powell, patrón do Tina Husted invitou á plana maior dos Patexeiros e a algúns amigos a facer un cruceiro pola ría de Sada e Ferrol. Aquí tedes un resumo de tan peculiar e placenteira singladura:

CADERNO DE BITÁCORA DO PATEXEIRO:

Zarpamos dende os pantaláns do clube nautico de Sada ás 12,00 H con ceo cuberto e marexada. O Capitán David Powell e a Contramestre Maca, deronnos instruccións previas de como proceder e maniobrar a bordo. Conseguimos amarrarnos a unha boia (ó segundo intento) para desplegar velas. Toda a pasaxe contribuiu á tarefa, despregamos a vela maior, un trinquete e logo a vela de mesana, coa emoción de estar a vivir unha grande aventura.

Enfiamos cara á saida da ría de Sada, deixando pola banda de babor Veigue, Lorbé e as súas numerosas bateas... a esta altura da navegación, unha manada de arroaces deleitounos cos seus saltos e seguiu a carón do Tina Husted máis dun cuarto de hora. Esta compañía, como podedes imaxinar, deunos a maior das alegrías e bós augurios para a nosa singladura.

Ceñimos o vento do Noreste, O Tina Husted cabeceaba e navegamos coas velas desplegadas e tamén co motor ate chegar facendo dous bordos (cambiou a dirección do vento) ate á estreita entrada da ría de Ferrol: David púxose ó mando dos gavieiros Patexeiros e arriamos todo o velamen, fomos a motor á modiño pasamos polo estreito paso dos Castelos de San Felipe e da Palma que defendían antigamente a ría.

Atracamos no fermoso e pintoresco Mugardos: onde fixemos comemos a "pitanza do mariñeiro" a bordo do Tina: empanadas, tortillas regado todo con abundante cervexa, viño do país e de postre larpeira.

Aproveitamos o tempo para baixar a terra e dar un paseo por Mugardos. Amoreámonos tripulación e oficiais nunha terraza e disfrutamos da conversa, das risas e en xeral do bó humor todos os que íamos no cruceiro.

Marchamos do Porto de Mugardos ás 18,00 h, nun principio a motor, logo desplegamos o velamen... tivemos a sorte de que un suave vento nos empuxaba pola popa, Os nativos da ribeira, saúdannos con entusiasmo... e supoño que tamén con envexa por ver o ben que o pasamos. Nun intre de relax da tripulación: o grumete Josiño colle a guitarra e entretennos coas súas cancións e versións desde Dylan á Radio Futura e Victor Manuel: moitas risas, aplausos e coros.

Saímos a mar aberto, e o vento comezou a soplar máis forte, Josiño gardou a guitarra... e todos seguimos as ordes do capitán e contramestre para facer as manobras nauticas: bordos, izar e arriar velas: algúns patexeiros se atreven co timón; Francisco, Xaime Picapeixe... pouco a pouco divisamos o dique do porto de Sada, e finalmente chegamos de volta ás 20,30 horas. A tripulación estoupa de alegría, moitos aplausos e hurras. Decidimos facer unha merenda - cena a bordo, facemos os derradeiros brindis, á saude do capitán e finalmente despedímonos todos, xurando que hai que voltar a repetir esta magnífica experiencia.

Disfrutamos dunha singladura memorable a bordo do Tina Husted. Algúns cumprimos un soño outros desmitificaron o seu medo ó mar, todos traballamos e compartimos vivencias, humor e amizade, o placer de escoitar o vento e ulír o salitre, de enfrentarse ás máxias e misterios do océano. Ogallá repitamos tamén na Balbina

UN SAÚDO MARIÑEIRO A TODOS, Os Patexeiros

xoves, 1 de xullo de 2010

APRAZAMOS A REGATA DO DIA 3

Alguns poden dicir que foi porque temos medo, outros porque nos da pena volver a organizar un trofeo no que quedamos de últmos, outros porque os nosos barcos vanse a pique coa primeira suradiña do inverno, outros sinxelamente, porque o sabado haberá Futbol.

Equivócanse todos.

Non suspendemos a regata por ningunha desas razons, suspendémola porque :

NON TEMOS O QUE HAI QUE TER

Isto e, unhas condicions climatolóxicas nas que se poda practicar o deporte da vela sen comprometer a seguridade.

A previsión e que vai entrar unha borrasca o vernes seguida dun anticiclón para o sábado. Esta diferencia de presions, vai meter un vento de NE forte, unha boa Nortada. Que o final o mellor non era para tanto pero.....

En calqueira caso, e como xa sabedes a regla universal das regatas: SE HAI DOUS BARCOS NO MAR, HAI REGATA, se alguén se anima, e extraoficialmente e baixo a responsabilidade de cada un, vaise pitar unha saida se hai como mínimo dous barcos sobre as 5 da tarde, aproveitando que os de vela lixeira estarán co seu campo montado. iso si, non puntuará para a Copa Balbina 2010, xa que a primeira regata está aprazada.

Así que os que tedes barcos mais grandes xa sabedes, sobre as 5 onde o ano pasado, se hai dous barcos pitarase unha saída. Preguntade na Zodiac polo percorrido.

E ide quentando que vos espera unha boa para dentro de 15 dias.....

Lamentamos que teña que ser así, pero pensade que de sair no xornal, só prtendemos sair nas paxinas de deportes ou cultura, non na de sucesos.
A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com