Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2012

Como sempre, traballando.

Imaxe
Este venres alá nos fomos a Lorbé, Francisco e máis eu para facer varios traballiños. Primeiro fomos buscar un pequeno carro de varada, para barcos de pouco porte, que tiñamos gardado nun galpón a uns kilómetros do noso local. Francisco estivo desenferruxándoo coa rebarbadora e o cepillo de arame, afloxando os tornillos e tuercas con aceite para poder desmontar todas as partes móbiles. Unha vez quitada parte do oxido vese en bastante bó estado. Agora temos que acabar de quitarlle o que lle queda, pintalo, sustituir parte da tornillería e meterlle un par de rodas novas, que as que ten están deformadas.. Así, xa nos servirá para traballar nos barcos máis pequenos da flota. Outro aparello máis ó servicio dos socios patexeiros. Pola miña parte, continuei rascando e pintando o resto do enxaretado da Desexada, acabando dúas parrillas máis. Só queda unha, que xa deixei rascada e tratada co alcatrán. En canto poda, a ver se remato de rascala por dentro para poder seguir trabal

Vela latina en Menorca e Moçambique

Imaxe
Como o mar non está para navegar estes días, púxenme a navegar pola rede,  explorando a fondo varias páxinas que xa tiña visitado antes moi por encima. Cheguei a dos Amics de la Mar de Menorca , unha asociación menorquina que ten a súa sede no edificio da antigua comandancia de mariña de Ciutadella de Menorca, e que tiven o pracer de visitar este pasado verán cando estiven de vacacións pola illa. Para os que ainda non decidíchedes o destino das vosas vacacións, e se a crise volo permite, recoméndovos que visitedes Menorca, un sitio moi tranquilo, cunhas das mellores praias do mundo (esas si que non se pode decir que sexan moi tranquilas), cun patrimonio marítimo ainda bastante extenso, cunha xente cojonuda e con moito mar por todas partes. Vede unhas cantas imaxes da illa para abrir o apetito.  Llauds no porto de Fornells Unha téquina a punto de perderse para sempre Llauds amarrados en pantaláns de baixo custe. ¡Con esas maréas así calqueira!  Os Amics de l

Formación, cursiño e Desexada

Imaxe
Este fin de semán dou para moito nas filas patexeiras. Se o venres pola tarde achiquei a Desexada, e fun xunto con Francisco achicar e baldear a Balbina , o sábado tamén foi un día moi completo. Pola mañán, dous patexeiros, Martiño e Palmeirán, asistimos en Sada ás Xornadas de seguridade no mar ANAVRE e Salvamento Marítimo. Alí nos atopamos con outros amigos como Mini e Arturo, do Clube do Mar de Ferrol, e con Ángel, un dos alumnos do curso de carpintaría. Varios ponentes falaron da seguridade no mar, de como traballa Salvamento Marítimo e con que medios conta, a Cruz Vermella dóunos unhas rápidas nocións de primeiros auxilios no mar, e náutica Vidal Sande fíxónos unha presentación-demostración dos medios de seguridade pasiva, chalecos, traxes, balsas, cos que deberíamos contar sempre. É moitas veces non o facemos. Ó final da mañán a Cruz Vermella fixo un simulacro de rescate no mar de tres náufragos voluntarios, con desplegue de balsas de apertura automática, lanzamento de bo

Sobre o cursiño e outras cousas

Imaxe
O pasado venres alá me fun cara Lorbé coa intención de intentar achicar a Balbina das últimas choivas e baldear a cuberta coa auga do mar que tanto ben lle fai. Nada máis chegar ó local patexeiro, duas cousas me fixeron desistir de tal menester. Por unha parte non se atopaba alí a neumática de Roberto, coa que pensaba ir ata a Balbina, pois a tiña amarrada no fondeo do seu veleiro, e o noso chinchorro segue sen ter reparada a roda, co que acarrexala ata a rampa por unha persoa sóa é tarefa imposible. Aparte diso empezou a caer todo o que non choveu nestes meses e xa non parou en todo o día. Así que me puxen a traballar no local patexeiro, barrendo, limpando e ordeando a parte de abaixo. Logo fun cumprir con outra obriga patexeira acudindo á invitación que nos fixeron os amigos da A.C.Suárez Picallo , con motivo da presentación do número 4 da Revista Cultural de Sada, AREAL, adicada neste número a Isaac Díaz Pardo. A presentación empezou cunha emotiva homenaxe a Isaac. Entregó

Prolongación do Curso de Carpintaría

Imaxe
A petición de varios dos alumnos da 3ª edición, imos a prolongar durante 4 xornadas máis o Curso de Carpintaría de ribeira. Comunicámovolo por se algún dos alumnos de outros módulos ou edicións anteriores estades interesados en participar nesta prolongación. Como sabedes, ó longo das xornadas pasadas estivemos construindo unha buceta do norte, e agora mesmo faltan por realizar as operacións de colocación de trancanil e sorraina, botar a cuberta e colocar as tracas do forro, colocación de fogonadura, tinteiro, etc. Esta prolongación sería interesante para todos aqueles que non tivérades a oportunidade de ver estes procedementos no voso módulo correspondente. Como se trata dunha prolongación fora de programa, a nosa idea era facelo o máis económico posible para vós, pero de forma que cubra gastos. Polo tanto o prezo final dependerá do número de asistentes Os prezos que se estarían baraxando serían: - De 6 a 8 asistentes: 45 euros por persoa - De 9 a 11 asistentes: 40 euros

Paseo pola Ría de Arousa

Imaxe
Ó longo destes días, fixen un descanso no traballo dos barcos da Asociación e alá me fun ca familia para a miña terra. E aproveitei para pasar un día dando unha voltiña pola outra banda da Ría de Arousa, aquela que me queda xusto enfrente e de paso seguir disfrutando do noso rico patrimonio marítimo en compaña da familia. O xoves pola tarde xa empecei dando unha camiñata pola praia da Corna ata a punta de Cabío. Alí ainda queda algunha gameliña esperando na praia o aluvión de bañistas que dentro de pouco invadirán esa fermosa praia. Como moitos sabedes, na entrada da praia de Cabío hai unha dorniña no mesmo paseo, para recordarnos a todos que aquilo foi mar de dornas, pero parece ser que ás autoridades non lles importa moito porque a dorna atópase nun estado lamentable coa cuberta rota, bancos rotos e as primeiras do plan desfondadas. A ver se alguén o remedia para este verán, porque xa que unha dorna non se merece estar enrriba dunha beirarrúa, polo menos se ten que estar, que

Actividades do sábado

Imaxe
Unha vez temos á Balbina no mar, e ainda que non está rematada, ímonos a relaxar un pouco que este traballo non é alimento. O sábado pola tarde Fran Vázquez e máis eu estivemos traballando na Desexada. Continuamos reparando a cuberta, que tiña partes bastante deterioradas. Fran botóulle este remendiño que vedes a estribor e colocou un par de xunquillos. Eu cambiéi esas táboas que vedes xusto na proa, enmasillei e dinlle o mexunxe para que quedase o máis protexida posible xa que estaba madeira á vista.  Ó final da tarde presentaba este aspecto. O Comandante Martiño, achegóuse tamén a Lorbé a traernos brea e sebo para calafatear. En breve nos poñeremos con esta encanisada. Mentras, a poucos metros de nós, os alumnos do Curso de Carpintaría estaban no seu último día de cursiño. Nesta xornada tocóulles frasquiar e colocar unha parte do trancanil de babor. Tempo lles levou porque casi o fixeron eles sós. O mestre, Pepe, estaba un pouco fastidiado da espal