Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2012

Comenzou a copa e de momento, esta en Ares

Imaxe
Tal e como estaba anunciado, comenzou a Copa Balbina deste ano, coa primeira regata en Sada, que se celebrou o pasado sábado 23. A cousa empeza ben, pero virtualmente a Copa vaise para Ares na primeira xornada. Por moi pouco, pero vaise. Neste caso foi Jose Antonio, do Arxil, que veu el só na sua embarcación e se bastou el soíño para quedar por diante de Jaime e máis Pepe, na dorna Boaventura. Pero ollo que a derradeira boia a colleron case xuntos. Así que de seguir así vai a andar a cousa moi xusta. Tamén participamos dous barcos mais, pero claramente sen opcions a estar nas primeiras posicions. Un deles foi o “Punta Pragueira”, o galeón dos da Coruña, que foi patroneado polo comandante Martiño e Rober , Silvia, Xabier e Verónica coma tripulación .  Fixeron un honrroso cuarto posto. Claro que foi o último posto, pero hai que ter en conta que tiveron dificultades co motor para sair.Por iso honrroso, por atreverse a sair. E no Arredemo, fumos o Xose Lagares e mais

COMENZA A COPA BALBINA 2012

Imaxe
     Amigos e amigas, xa está aquí un ano máis o verán, e consecuentemente, a chegada das regatas da Copa Balbina, que como sabedes é o torneo de vela tradicional no eido do Golfo Artabro.      Anunciamos xa a primeira das regatas O VINDEIRO SABADO DIA 23 AS 5 DA TARDE ENFRENTE DA RAMPA , COMA OS OUTROS ANOS.     Pero este ano o anuncio é algo distinto. Nos somos agora os que estamos na posesión da Copa, e por fin, desde o seu inicio alá pola década pasada, podemos dicir, por fin, que os Patexeiros DEFENDEREMOS A COPA BALBINA PARA INTENTAR QUE QUEDE EN SADA     E coma non podia ser outro, aqui tedes ao noso flamante campeón, o Jaime:     Para todo o que quera visitar a Copa, que saiba que estará (e esperemos que quede alí) todo o verán exposta no noso bar de cabeceira, "O Pescador", (en Fontán, xusto debaixo da Capitanía).       A mecánica  deste ano e coma nos outros, co mesmo sistema de puntuacións. Para quen non o saiba, ou non o lembre, son 3 puntos por trip

Calafateando

Imaxe
Este fin de semán pouco traballo fixemos na Desexada. O pouco tempo do que dispuxemos prácticamente nos limitados ó calafateo. O venres me puxen a quitarlle a masilla e pasta que tiña a quilla, que era por onde tiñamos a vía de auga. Logo me puxen a calafatear co cordón que trouxera Agustín. Chegeui ata a metade da parte de babor porque andaba a chubascos, e ainda que traballando na quilla non chovía moito, a espalda sí se mollaba. Pepe tamén se achegou e intentou facer a caña do temón, pero non lle gustaba o deseño e decideu aprazalo para outro día que tivera claro como facela. O sábado pola mañán non puiden ir a traballar por motivos que non veñen ó caso pero que posíblemente teñan que ver cos recortes na Sanidade, pero deixemos o tema. Pola tarde seguín calafateando e acabei toda a parte de babor. Acompañóume Xose Lagares, que estivo repasando unha unión que non nos quedara a paño na estampa de popa. Bueno, xa casi non queda nada. Se podo ir traballar unhas ho

พิพิธภัณฑ์เรือไทย (THAI BOAT MUSEUM)

Imaxe
Como sabedes, hai moitos tipos de turismo, e parece que tamén hai un pequeño espacio para o turismo mariñeiro. E practicando esta modalidade estivemos en Thailandia no mes pasado. Nunha visita a Ayutaya, antiga capital do reino de Siam, coñecimos a una familia moi peculiar, os donos e fundadores do THAI BOAT MUSEUM ( พิพิธภัณฑ์เรือไทย ) Cremos que non só merecen un artigo divulgativo, senon que con elo, queremos rendirlle una homenaxe, porque de verdade que hai xente neste mundo , que a merece, e a familia Paitoon e un claro exemplo. O Thai Boat Museum e un museo adicado as embarcacions tradicionais thilandesas especialmente de rio. Mr Paitoon,   foi mestre de construcción naval no que pensó que equivaldría aquí á escola de enxeñería naval   durante 40 anos.   Para explicar   os proxectos, construia maquetas que logo mostraba aos alumnos, e de ahí naceu una forte afición ao maquitismo e ao coleccionismo que tanto el coma seu fillo seguen cultivando. Tanto e así , que vive

Desexando rematar A Desexada

Imaxe
Outro fin de semán máis currando no último barco adquirido pola Asociación. O venres estivemos un numeroso grupo de patexeiros en Lorbé. Achegámonos por alí Pepe, Agustín, Miguel, Francisco e máis eu, Palmeirán. Miguel trouxo o perfil para a quilla da Desexada e tamén o mastro que o tiñamos no CNRS. E logo se puxo a soldar unhas pletinas de galvanizado, que trouxera eu de Coruña, na porta do local que estaba roída polo óxido. Francisco e máis eu estivemos rascando a patente vella da parte de babor. Logo eu me puxen a darlle unha man de pintura ó costado de babor. A nova cor elexida para o barco ten nome propio. PROA, un dos nosos colaboradores, nola grabou como BEIGE PATEXEIROS. A última hora entre Agustín, Miguel e máis eu levantamos o barco usando un gato de coche e metémoslle o perfil pola quilla. O deixamos asentado para atornillalo ó día seguinte. E rematamos xa coas operacións pasadas as 10 da noite. O sábado pola mañán só aparecemos por Lorbé, Pepe e máis eu.

Traballando en todos os frentes

Imaxe
Esta fin de semán estivemos varios Patexeiros en Lorbé traballando en distintas cousas. O venres pola tarde, Francisco adicóuse a lixar a obra morta de estribor, mentras eu acababa de rascar o interior da parte de popa. Pepe estivo facendo unha peza para apoiar as taboas do plan no pañol de proa e logo se puxo a ordear o local, xa que cada dia temos máis cousas e se non hai orde xa sabedes o que pasa. Cando Francisco acabou de lixar ese costado adicóuse a preparar o pequeno carro de varada, cortando coa radial os tornillos que estaban tan oxidados que non había forma de sacalos. Eu púxenme a aspirar o barco para proceder logo a pintar o interior pola metade do barco, xa que o pañol xa estaba casi listo de outra xornada.. Ó final da tarde chegou Miguel co novo banco para o chinchorro que enfibrou pola semán, e que é o que nos sirve para achegarnos á Balbina. O sábado empecei eu só a rematar de pintar o interior do barco pola parte de popa. Pouco despois chegaron Robe