Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2012

Xa varamos a Balbina

Imaxe
Onte, venres, varamos a Balbina no estaleiro de Lorbé para empezar os traballos da tempada de inverno. Coma sempre, podedes seguir a súa evolución na páxina da Balbina . Palmeirán

Traballos varios en Lorbé

Imaxe
Este sábado estiven en Lorbé facendo pequenas cousiñas no local Patexeiro. Ás 12 da mañán, Miguel e máis eu collemos o chinchorro e achegámonos ata a Balbina para achicala, xa que se varará ó longo da semán que vén. En algo menos dunha hora, utilizando dúas bombas de achique conectadas á batería, e a base de capazos, deixámola lista. Tamén aproveitei para baldeala e limpala un pouco do mexillón que levan as amigas gavotas. Xa de volta no local de Lorbé, púxenme a darlle unha man de Xylazel   ó banco do chinchorro, xa que se atopaba algo queimado polo sol. Unha pequena lixada e unha man de Xylazel Roble e quedou coma novo. Logo me puxen a quitar do medio do local o aborto de carro de varada de madeira co que levamos o motor Larrán rescatado do mar. Foi bastante doado, a pesares de que a peza do Larrán que tiña encima dél debe rondar os 300 Kilos. Xa sabedes o que dixo Arquímedes, "dádeme un punto de apoio e moverei o mundo". Pois así fixen eu. Agora a entrada do l

Naufraga un veleiro de madeira na Coruña

Imaxe
Onte, domingo, sobre as seis e media da tarde, un veleiro encallou nunhas pedras fronte ó Aquarium Finisterrae da Coruña e en cuestión de un par de minutos quedou desintegrado. Xente que o presenciou asegura que en un visto e non visto foise ó fondo. Polos restos que están a flote e os que chegaron á praia do Orzán podemos ver que se trataba dun veleiro de madeira. Según os medios de comunicación, o barco non tiña identificación e non contaba con radio. Onte foi rescatado un corpo do mar, e hoxe continuaban as tarefas de búsqueda, xa que se cree que iban dous tripulantes máis abordo, ainda que non o saben con certeza. Esta mañán estaban rastrexando a zona un remolcador de Salvamento Marítimo, unha lancha Salvamar, unha lancha da Garda Civil e varias zodiacs de Protección Civil e Garda Civil. Por terra estaba Protección Civil, Bombeiros, Policía Local e Nacional. E tamén se contaba con un helicóptero que estivo peinando dende a Casa dos Peixes ata a praia do Orzán. O c

Nova doazón ós Patexeiros

Imaxe
Unha nova doazón nos chegou esta pasada semán ó local patexeiro. Trátase de un par de remos grandes, que nos virán moi ben para a Balbina, un mastro para barcos menores e unhas cantas botavaras, a ver as que podemos aproveitar pois nalgunha entrou a polilla. Tamén viñan no lote dous pares de remos máis pequenos, pero que necesitarán reparación, a ver o que aproveitamos. E unha pala de temón de teka, que miraremos a qué barco se nos pode axeitar. Agradecemos a doazón ó Sr. Francisco. Palmeirán.

Traballando en varios barcos: A Desexada e a Betty

Imaxe
Estes últimos días estivemos traballando en varios barcos. Como a cana do temón da Desexada rompeu na última proba da Copa Balbina, pois este xoves estiven aproveitando un puntón empenado que tiñamos no local patexeiro, para ir dándolle forma a unha nova cana para a Desexada. Gustaríanos facerlla dunha madeira máis noble, pero nesta época de recortes hai que ir aproveitando a madeira que temos. O venres pola tarde acompañóume Francisco que trouxo o cepillo eléctrico e foi acabando de darlle forma. Agora fáltanos rematala e xa deixamos de novo o barco operativo. Por outra banda eu empecei os traballos noutro barco, a Betty, que teño en dique seco dende fai uns anos, e ó que non lle puden adicar o tempo que necesita por estar traballando noutros barcos da flota. Pois desta tocóulle a que lle metera man. Como tiña varias taboas da cuberta podres ou pasmadas, decindinme a ir cambiándollas. Empecei polo costado de babor, desfacendo a cuberta que está danada e tamén uns

Resumo da última proba da Copa Balbina

Imaxe
O pasado sábado tivo lugar no sitio de costume, frente á praia de Sada, a última proba puntuable para a Copa Balbina, que como saberedes é unha Copa na que se puntúa, ademáis de por posicións, tamén á regularidade e asistencia a outras concentracións do Arco Ártabro. Para esta última proba xuntámonos só catro barcos. O Alivanta de Ares, o Fesa de Perbes, e os nosos A Desexada e a dorna Boaventura. A Desexada aparellámola de última hora, pois tivéramos que repararlle o mastro, que tronzara nunha saída anterior debido ó gran peso que lle supoñían os zunchos da unión co masteleiro,  e estábamos acabando de aparellala xusto cando xa se achegaban os participantes. Sopraba un forte vento xa na rampa, pero cando saímos do abrigo do muelle do náutico aquilo complicábase máis. Pepe e máis eu na dorna decidimos non sair pois non tiñamos moita confianza e non se daba suxetado a escota na man coa forza do vento. Intentando voltar a remos á rampa, tronzóunos un remo. Tivo que vir a rescatar