Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2012

Coincidencias da vida

Imaxe
Recordaredes que fai un par de meses vos dábamos conta nesta páxina da operación de rescate dun vello motor Larrán varado nunha praia. Como vos comentábamos daquela, fixéramos o rescate por motivos sentimentais ó tratarse dun motor da marca Larrán, e por motivos ecolóxicos para manter limpa a praia. Fai uns días falando cuns mariñeiros no porto de Lorbé levámonos ademáis unha grata sorpresa ó intentar averiguar de qué barco procedía aquél motor. Pois non volo ides a crer, pero ese motor pertencía ó NELOS, o barco xemelgo da nosa BALBINA, que se fora contra as pedras hai xa varios anos a causa dun forte temporal. O Nelos pertencía ó mesmo armador que a Balbina e tamén se adicaba á captura do patexo. Podédelos ver xuntos nesta foto dos anos 50 na praia de Sada. O que é a vida, rescatámolo sen saber que era da familia. Agora xa forma parte do Museo Patexeiro. Palmeirán

O Freixo-Outes acollerá o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais

Imaxe
  Foto da páxina do Concello de Outes Así se acordou por unanimidade na Asamblea da FGCMF celebrada este sábado en Castrelo-Cambados. A candidatura foi presentada pola Asociación Terra de Outes, que contará coa implicación das Asociacións da Federación, Mar de Muros, Canle de Lira, A Ostreira de Abelleira, Mar de Noia e Joaquín Vieta, para poder levar a cabo este proxecto. Asimesmo tamén contan coa colaboración do Concello de Outes, as Cofradias de Pescadores, e varias asociacións veciñais que se comprometen a prestar axuda e voluntariado para poder levar adiante o XI Encontro. Dende a A.C.M. Os Patexeiros desexámoslle moita sorte coa organización deste gran evento, e pola nosa parte, empezaremos dende xa a preparar os barcos para poñer proa ó Freixo alá por xullo de 2013. As datas fixas ainda non están confirmadas.

Embarrancamento do galeón Punta Pragueira

Imaxe
O pasado fin de semán, do 3 de novembro, os compañeiros de Amigos das Embarcacións Tradicionais da Coruña recibiron unha chamada que a bo seguro nunca desexarían ter recibido. O mariñeiro do C.N. de Ares lles daba a mala nova de que o galeón Punta Pragueira estaba embarrancado nunha furna preto do Clube Nautico. Parece ser que unha desas noites de temporal se soltou do amarre en Lorbé e atravesou toda a ría para quedar varado na Cova da Pedra Feita de Ares. Ese mesmo sábado alá se achegaron a velo, pero en seguida se fixo noite e ese día xa non poideron facer nada. Ó día seguinte, varios membros da Asociación da Coruña acompañados por uns cantos Patexeiros acudiron a intentar reflotalo e sacalo das pedras.  Todo o día estiveron intentando tapar os furados que tiña con madeira, trapos e espuma de poliuretano, pero a auga que entraba, a area que tiña dentro sumada ós kilos de plomo de lastre que ten o barco facían imposible sacalo de entre as pedras. Chegaron cansos e der

O pequeno museo do Bar Venezuela de Sigrás

Imaxe
Onte pola noite, con motivo dunha Asamblea da directiva dos Patexeiros, quedamos no Bar Venezuela, de Sigrás, na estrada N-550 que vai de Coruña a Santiago. Motor Ayon de 1 cilindro fabricado en 1926 Xa sabíamos que tiña unha colección de móviles de vento feitos con aperos de labranza, arados, etc..., pero algún patexeiro sabía ademáis que garda un pequeno tesouro. Unha pequena colección de motores marinos. Motor Ayon de 3 cilindros Saquéilles unhas fotos pero xa era noite e non se aprecian moi ben. De todas maneiras podedes darvos unha idea do pequeno museo. O máis maravilloso é que falamos co propietario e nos dixo que os motores están en perfecto estado e os encende de vez en cando. Tamén nos comentou que ainda ten algún máis almacenado, e incluso nos dou algúns trucos para aplicarlle ó motor Larrán da nosa Balbina. Así que un día a plena luz pasaremos a facerlle outra visita e vos faremos un mellor artigo sobre este pequeno museo que paga a pena velo. Un f

Nova lei de Costas

Imaxe
Autor: Luis Davila