Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2012

BO NADAL

Imaxe
Dende a A.C.M. Os Patexeiros desexámosvos que pasedes un Bo Nadal e unha boa despedida e entrada de ano.  Que no 2013 os ventos nos sexan, a todos, favorables.

PECHANDO O ANO

Imaxe
Pois alí estivemos o pasado sábado. O Salón de Plenos do Concello de Sada rexistrou unha boa entrada. Ainda así botamos en falta a moita xente que tiña pensado vir, a outra que xa nos dixo que non podían por outros compromisos, e a outros dos que non soubemos nada deles. Tocóume a facer a presentación, máis non son home de falar en público, cousa á que me vou afacendo pouco a pouco vistas as veces que me toca levar adiante esta tarefa. Empezamos facendo unha pequena presentación da nosa Asociación, porque ainda que a meirande parte dos asistentes ben nos coñecían, tamén  había algunhas persoas que pouco oíran falar dos Patexeiros. Seguindo a ésta, pasamos a proxectar un pequeno resumo das actividades que levamos adiante neste ano 2012 que está a piques de rematar. Un ano que non foi o máis prolífico en actividades para os Patexeiros dende o seu nacemento, por mor de adicar moito do noso tempo ás reparacións nos barcos, máis ainda así organizamos eventos e asistimos a conc

CLASIFICACIÓN FINAL COPA BALBINA E ENTREGA DE PREMIOS

Imaxe
Por fín, despóis de varias reunións do Comité de Regatas da Copa Balbina e atendendo a varias reclamacións feitas por distintos participantes, rectificóuse a puntuación nunha das regatas da Copa. O problema foi que se tiña puntuado as dúas mangas como se foran dúas regatas distintas, cando se tiña que facer a media das dúas mangas. Unha vez chegado a consenso dentro do Comité publícase definitívamente a Clasificación Xeral desta 4ª Edición da Copa Balbina de Embarcacións Tradicionais, así como as puntuacións de cada regata e das concentracións puntuables de regularidade (que levan 3 puntos por asistencia a cada unha delas). Este ano o resultado foi moi pero que moi axustado. Se tivo a Copa nas máns José Antonio o do Arxil, a non asistencia a dúas probas fixo que a Copa pasara a máns de Jaime, que obtivo finalmente 27 puntos, seguido por medio punto de Juanjo do Alivanta con 26,5 puntos, e de terceiro rematou José Antonio do Arxil con 26. O gañador de dúas edicións da Copa Balbi

GALA DE PECHE DE TEMPADA DOS PATEXEIROS

Imaxe
 Este vindeiro sábado día 15, a partires das 17:30 horas, olvidade todo o que tiñades pensado facer e vide a Sada porque terá lugar a Gala de Peche de Tempada da Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros no Salón de Plenos do Concello de Sada, sito no antiguo edificio da Comandancia de Marina de Sada, . O menú, como estamos en tempo de crisis será o seguinte: Entremeses: - Empezaremos cunha pequena presentación da nosa Asociación, quenes somos, etc... - Logo faremos un breve resumo das actividades e eventos que levamos a cabo neste 2012. 1ºs pratos: - Proxección de imaxes correspondentes á 3ª Edición do Curso de Carpintaría de ribeira 2011-2012 - Entrega de diplomas ós alumnos do Curso. - Proxección de imaxes da Copa Balbina 2012. - Entrega da Copa Balbina ó gañador e premios ó 2º e 3º clasificado. 2ºs pratos (e non menos importantes ca os primeiros): - Charla a cargo da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial - Pequena presentación do XI Encontro de E

Pepe o carpinteiro de Lorbé e Os Patexeiros na TVG

Imaxe
Este pasado domingo día 9 tivemos unha pequena aparición no programa Vivir Aquí adicado ós oficios de sempre, da TVG. Nico Campos entrevistou a Pepe o carpinteiro de Lorbé e logo a nós a carón da Balbina e tamén no noso local de Lorbé. Xa o podedes ver na TV á Carta da TVG neste enlace. VIVIR AQUÍ - OS OFICIOS DE SEMPRE O reportaxe sobre o carpinteiro de ribeira aparece a partires do minuto 31 pero recomendámosvos ver todo o programa, porque precísamente está adicado a estes oficios "patrimoniais" que xa están en vías de desaparición. Palmeirán