xoves, 30 de maio de 2013

Seguimos traballando na Desexada

Esta pasada semán acheguéime tres tardes ata Lorbé para proseguir cos traballos na Desexada, de cara a arranxala e que esté lista para o noso Encontro de Embarcacións tradicionais que faremos e Sada o sábado 22 de xuño (estamos á espera de colgar o cartel na nosa web).

O martes empecei a montar o cuartel que nos desaparecera do barco nunha surada.


O xoves metinlle o xunquillo que nos faltaba na cuberta de proa,
 

Unha vez colocado o xunquillo, desmontei as táboas que permiten acceder ós tornillos para quitar o botalón, xa que temos que meterlle un empalme no pinchón e sustituir a tornillería do botalón.




Calafateei o contorno das brazolas do cuartel de proa para evitar filtracións de auga ó interior.

 
O venres pola tarde funme para o taller a marcar e cortar unha das partes da regala,  que xa deixei cepillada pola parte exterior, pero non puden rematar a interior por carecer de bastrén para axeitar a curvatura, ainda que podía facerlla coa lixadora de banda. Espero rematala o seguinte día.



Palmeirán


venres, 10 de maio de 2013

Empezando coa reparación da Desexada

Pois nos Patexeiros, sempre a traballar. Fai tres días que botamos a Balbina ó mar e xa empezamos a reparar a Desexada e preparándoa para navegar a primeiros de xuño.




Hoxe acheguéime un par de horiñas a Lorbé e me puxen a quitarlle a tapa da regala á Desexada. Ésta foi unha das pezas que se danou no último incidente que tivo o barco por mor do temporal.




















Unha vez retirada tamén observei que o durminte que hai xusto debaixo está un pouco tocado polo podrén, sobre todo arredor do furado onde vai o tolete, así que vou a sustituílo en parte.













 Xa coloquei a regala sobre a táboa da que vou a facer a nova peza. Non me dá para facela toda dunha peza así que terei que facela en dúas.


Por esta semán remato aquí o traballo e a ver a dónde chego a vindeira semán.

Iréivos informando.

Palmeirán.

mércores, 8 de maio de 2013

A Balbina deixou o estaleiro e volve ó seu fondeo

Despois de 6 meses varada e casi sen poder traballar nela, a Balbina volveu ó seu fondeo.

Algo fixemos pero ainda queda moito por facer.

Máis información na páxina da Balbina.

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com