martes, 18 de xuño de 2013

ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS PATEXEIROS 2013



Recordade, este sábado 22 en Sada, frente ó Restaurante Tamei (antigua nave de redeiros).
Teredes praza no pantalán de Marina Sada xusto enfrente á carpa.
Churrasco, mexilóns e sardiñas ou xurelos e viño gratis para todos os tripulantes.
Teremos merchandising á venda para os que queiran mercar un recordo patexeiro low cost.

POR FAVOR INSCRIBÍDEVOS CANTO ANTES E INDICAR A ESLORA DO BARCO PARA RESERVAR O ATRAQUE.

luns, 17 de xuño de 2013

PROGRAMA PROVISIONAL DO ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS PATEXEIROS 2013



I ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS PATEXEIROS 2013 

Sábado 22 de xuño de 2013

PROGRAMA PROVISIONAL
DENDE AS 10:37 : RECEPCIÓN DE EMBARCACIÓNS E TRIPULANTES. Os barcos asistentes disporán de amarres no pantalán de Marina Sada o máis perto posible da carpa.


11:14 - APERTURA DA CARPA CON EXPOSICIÓN DE MATERIAL PATEXEIRO, FOTOGRAFÍAS ANTIGAS, TALLER DE CARPINTARÍA DE RIBEIRA e obradoiro de alfareiría


11:56 - Se algunha embarcación se quere lucir dando un paseo frente a praia de Sada non se lle dirá que non e incluso se lle acompañará.


13:48 - LONCHE (lunch, se sodes do extranxeiro) para os tripulantes a base de churrasco e criollos.


13:49 - Se algún tripulante se anima a traer a gaita, o tamboril, pandeireta ou calqueira outro instrumento (musical) se lle dará doble ración de churrasco para axudar a inchar o fol, sempre que nos bote unhas repichocas para amenizar o lonche.


15:52 - Saída a navegar: Sada - Miño - Perbes- Lorbé – Sada


19:19 – Mexilloada e sardiñas ou xurelos dependendo de como vaian o NASDAK ou o NIKEI, que nestes tempos temos que estar moi pendentes da bolsa, e a ver se hai tamén algo de viño.


19:24 – Esperamos contar coa actuación dunha fabulosa agrupación de gaitas amenizando a merenda cea. Iso sí, terán que parar algo para comer. Pero por se fallan, traéde as vosas.


A partires das 20:47 iremos despedindo co pano na man ós primeiros que nos vaian deixando.


21:18 – Empezaremos a recoller o chiringuito patexeiro.


22:15 – Tras minuciosas comprobacións, non vaia a ser que nos quede algún polizón nos barcos, pecharemos este I ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS PATEXEIROS 2013 e ata o ano.

POR FAVOR, INSCRIBÍDEVOS CANTO ANTES E POÑÉDENOS NAS OBSERVACIÓNS A ESLORA DO BARCO, PARA OS AMARRES. TEDES O ENLACE NA CABECEIRA DO BLOG

Colaboran:








domingo, 16 de xuño de 2013

Xa ten pinchón

Outro pouquiño máis de traballo en Lorbé e teremos lista a Desexada para o Encontro Patexeiro do vindeiro día 22.

O mércores pola tarde levéime unha axudante que se encargou de pintar as pezas que estiven facendo e sobre as que irá asentada a regala.

E como ainda non estaba cansa de pintar pedíame máis traballo, así que empezou a pintar un dos remolques da asociación.

Fixo un bo traballo.

Na tarde do venres deixei colocadas e selladas todas as pezas para empezar a colocar a regala o sábado.

O sábado empecei a mañán desmontando a pletina na que anclan os obenques xa que tiña os tornillos degradados pola oxidación.

Chegou o compañeiro Pepe que se puxo a facer o pinchón que xa nos rompera facía dous anos e daba a impresión de que ó barco lle faltaba algo.


Só lle adaptamos a peza do final porque senón nos obligaría a desmontar a roda e meterllo dende abaixo. Como irá protexido polo botalón pensamos que quedará bastante firme.


Mentras, eu colocaba a parte da regala de popa e facía o ensamble a cola de milano coa parte do medio.


 Finalmente fixemos a tapa de proa da regala, porque a que tiña estaba totalmente aberta e estéticamente non se vía moi ben.

Como vedes, Pepe é un artista do corte, porque a peza asentou á primeira.

Agora nos queda poñerlle unha pequena peza da regala, dende a metade ata ensamblar coa de proa, matarlle os cantos e preparar o barco para pintar e dar patente.

Xa queda menos para tela lista.

E ese mesmo sábado pola tarde, Martiño achegóuse ata a Balbina para valdeala e achicala. Ás amigas gaivotas segue gustándolles moito o noso barco e o usan como restaurante, así que o traballo de limpeza foi duro.

Palmeirán

mércores, 12 de xuño de 2013

O tempo bótasenos encima

O luns volvín de novo a Lorbé, estaba chovendo, cousa rara. De novo non podía traballar fora no barco.

Dinlle unha man de Xylazel á pala do temón da Desexada.


Tamén lle din unha man de Xylazel ó cuartel. Vai presentando este aspecto.



Seguía chovendo, así que aproveitei e dinlle a segunda man de Oxirite ó carro de varada que estamos preparando.



Sobre as 9 da tarde, como deixou de chover, púxenme a quitarlle o arneirón e o mexilón que tiña a buceta Punta Fiateira, porque o día que a quitaron do mar e a levaron para Lorbé non lles dou tempo, e claro, o arneirón él só non baixa do casco.

A ver se esta semán me achego outro día a ver que se pode facer dependendo do tempo.

Palmeirán.


domingo, 9 de xuño de 2013

Fin de semán en Lorbé

Pola semán, foime imposible ir a traballar a Lorbé, pero si foi o compañeiro Fran e rematou de armar o cuartel da Desexada.

O venres pola tarde acheguéime ata alí e procedín a sellar as xuntas.


Tamén rasquei e apliqueille Oxirite de Xylazel ó soporte da matrícula e luces dun remolque que nos regalaron para transportar as embarcacións máis pequenas.

Esa mesma tarde achegóuse Martiño a buscar un dos remolques para ir coller a buceta Punta Fiateira e preparala para navegar este verán. Eu tiven que sair antes co que non lles puden botar unha man. Estiveron Pepe e máis él cargándoa no remolque para traela para o local.

O sábado pola mañán lixei o cuartel da Desexada e dinlle unha imprimación, queda listo para darlle o Lasur Xylazel.

Achegóuse a Lorbé tamén Miguel Marta e estivo traballando nun carro de varada, cambiándolle as rodas para o que tivo que adaptar os anclaxes.


Eu, unha vez rematado de imprimar o cuartel estiven desmontando a falsa regala da Desexada, que estaba podre.


Unha vez quitada, empecei a facerlle unhas pezas novas, aproveitando unha boa madeira de xatoba que nos quedaba polo local, a ver se aguanta máis ca o piñeiro. A pena é que son pezas moi pequenas e teño que facer moitos tramos.

Antes de irme, dinlle unha man de Oxirite ó carro de varada que estivo preparando Miguel.

A ver se esta semán fai bo tempo e podemos darlle caña á preparación da Desexada. Imos moi xustos.

Palmeirán.

sábado, 1 de xuño de 2013

Traballos desta fin de semán

Onte venres estiven traballando no cuartel da Desexada. Decidinme a poñer as táboas desta maneira porque me parecía que quedarían mellor.


Hoxe sábado xuntámonos varios en Lorbé porque tiñamos pensado facer movemento de barcos e remolques.

Mentras non chegou Martiño cun dos remolques, Fran estivo rematando o cuartel da Desexada que empezara eu, e casi o deixamos listo.


Miguel Marta estivo traballando no carro de varada, adaptándolle as rodas. Duro traballo pois o aceiro empregado na construcción do carro era demasiado para as nosas pobres brocas do Lidl. Haberá que mercar unhas boas de cobalto.


Mentras, eu estiven quitando o resto da regala de estribor para facerlle o encaixe coa peza nova.

Como sempre que se quita algo nun barco de madeira, apareceron sorpresas, e o durminte donde vai cravada a regala está podre arredor dos furados dos toletes, así que tamén vou aproveitar a renovar esa parte. Non é plan de poñer a regala nova se a base está podre.

Por último chegou Martiño e coa axuda tamén de José Carlos da asociación da Coruña, empezamos a facer a manobra de baixar a Desexada do remolque. Levóunos bastante tempo porque o barquiño pesa o seu, e o remolque tiña algunhas pezas que non estaban ben polo que foi bastante difícil conseguilo. Entre os cinco apenas conseguíamos mover o barco no remolque e tivemos que recurrir á lei da palanca para conseguir ir empuxándoa para pousala encima duns tacos e dunhas rodas.


Agora hai que coller a buceta Punta Fiateira e traela tamén para traballar nela.

Teñen que estar perfectas para o día do Encontro Patexeiro. O vindeiro día 22 de xuño.

Palmeirán.

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com