luns, 19 de agosto de 2013

Os Patexeiros na Concentración de Ares

O pasado sábado 10 de Agosto, unha pequena representación dos Patexeiros achegóuse ata Ares para participar na Concentración de embarcacións tradicionais de Ares.


Ata alá se desprazaron Dolores, Jaime e Pepe, xunto cuns amigos do CNRS.

A Desexada estreaba unha peza nova de inox no temón, para evitar roturas como a da volta de Redes.

 Na regata soprou un forte vento que obrigou ás tripulacións a empregarse a fondo.


Ó final, entrega de trofeos, merendola, e volta a Sada.


Se a singladura de ida a fixeron en tres horas, a volta con vento favorable, a poideron facer só nunha hora.

Palmeirán

sábado, 10 de agosto de 2013

A volta de Redes



Como vos comentamos na última entrada, a Regata de Redes tivo que ser suspendida polo forte vento. Os Patexeiros que asistiron con dúas embarcacións quedáronse ata o final da festa.

Estiveron ata o último momento decidindo si volvían ese día para Sada ou volverían outro día para traer os barcos.

Ó final decidiron embarcarse todos na Desexada e volver ese mesmo día, e deixar alí a dorna para traela ó día seguinte no remolque.

Saíron cando o sol se estaba poñendo, trouxeron vento en contra durante a travesía, pasaron tramos sen vento e tamén aguantaron unha forte surada. Por se fora pouco tamén a choiva apareceu para acompañalos.

Case chegando a Sada rompéulles o temón da Desexada na súa  unión coa caña e tiveron que gobernalo coas máns.

Amarraron na boia do fondeo ás 2:30 da mañán despois dunha axetreada singladura.

O luns Pepe e Jaime foron co remolque para traer a dorna Boaventura e como viron que había algo de vento, e ben sabido é que sarna con gusto non pica, decidiron xa sobre as 9 e media da noite sair navegando rumbo a Sada.

De novo con vento do Sur, chegaron á altura de Lorbé nunha soa ceñida, pero ó pouco de virar, quedaron totalmente sen vento.

Sacaron os remos e conseguiron chegar á altura de Carnoedo dónde aproveitaron unha pequena brisa coa que chegaron a vela ata a bocana do porto de Sada, donde tiveron que volver a facer uso dos remos ata chegar ó fondeo.

Desta, conseguiron amarrar sobre a  1 e media da mañán, e estanlle collendo tal afición ás travesías nocturnas que xa se están pertrechando axeitadamente para afrontar as vindeiras, así que case estou seguro que esta fin de semán despóis de asistir á Concentración de Ares, volverán de noite para Sada.

 Palmeirán

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com