Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2013

PECHADA A PREINSCRICIÓN PARA O CURSO DE CARPINTARÍA

Imaxe
Hoxe sábado 26, damos por pechada a preinscrición para o Curso de Carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais. Chegamos ó cupo de inscritos. Agora, a non ser que haxa algunha baixa antes do inicio do curso, non se admitirá ningún alumno máis.

Curso de carpintaría de ribeira - 4ª Edición - PREINSCRICIÓN

Imaxe
Por fin xa temos aquí a 4ª edición do Curso de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais dos Patexeiros. Un ano máis, e debido ó éxito das convocatorias anteriores decidímonos a organizar unha nova edición. Por mor do aumento dos custes e da reducción no importe das subvencións previstas para este ano, tivemos que optar por unha duración de 40 horas , co obxecto de manter prezos similares ós de outras edicións e facelo algo máis asequible ós interesados. INFORMACIÓN BÁSICA DO CURSO - O cupo, estará limitado a 15 asistentes.  Non se levará adiante se non hai un mínimo de 10 alumnos . - As inscricións serán por riguroso orden de chegada ó noso correo patexeiros@hotmail.com  - Os cursos serán impartidos por carpinteiros de ribeira profesionais. - Haberá unha pequena parte teórica e moita, pero moita práctica. - Como obxectivo do curso, continuarase traballando nunha buceta do norte que se empezou en módulos anteriores partindo de plantillas.

Visita a Lorbé

Imaxe
Onte venres, aproveitando que fumos ó local de Lorbé acabar de rematar o cuartel da Balbina que faltaba, démoslle unha visita a Pepe, no estaleiro de Lorbé. Está botándolle toda a cuberta nova a un bote de Ferrol, moi bonito, por certo. Así estaba o bote cando o vimos por última vez no mes de xullo.... Estivo moito tempo sen facerlle nada porque tiña outros traballos primeiro, e esta semán empezóulle a meter man, e así o atopamos onte pola tarde... Parece que vai a quedar moi ben. Sempre da gusto ver cando alguén decide restaurar ou conservar un barco de madeira. Palmeirán

Empezando traballos na Balbina

Imaxe
Hoxe empezamos a campaña invernal de traballos no noso barco insignia, A Balbina, ó que temos olvidado ó longo de todo o verán no que estamos navegando e facendo outras actividades co resto dos barcos. Como todos os anos cando vai chegando o inverno poñémonos a traballar neste barco. Solemos varalo e traballar nel en seco. Visto o resultado que nos dou o pasado inverno, que non parou de chover e non poidemos facer casi nada do que tiñamos pensado, este ano imos deixalo no mar. Iremos traballar a bordo os días que faga bo, e o resto do tempo faremos traballos e pezas no taller e as acarrexaremos no chinchorro ata o barco cando as haxa que colocar. Logo, posíblemente cando o inverno vaia máis avanzado, a subamos ó carro para repasarlle a obra viva, dar patente, etc... Esta mañán xa fomos a bordo a limpalo, baldealo e achicalo, e como sempre, podedes ver a información actualizada dos traballos da Balbina no seu propio Blog e. Palmeirán

Invernada dos barcos

Imaxe
Onte venres quitamos do mar A Desexada para que faga a súa invernada en terra. Pola mañán desarbolámola e deixámola fondeada ó lado da rampa, e pola tarde, coa marea chea fomos ata ela nunha das zodiacs do CNRS e cargámola no novo remolque. En poucos días, en canto teñamos listo o soporte de varada, procederemos a levala para Lorbé para empezar xa os traballos de cara á nova tempada. Tamén trasladamos a dorna Boaventura dende o seu fondeo de verán e a levamos á sua plaza de amarre no pantalán. Agora toca ir planificando os traballos para este inverno. Palmeirán

Investimentos para mellora do transporte e seguridade da flota Patexeira

Imaxe
Grazas a unha subvención concedida pola Deputación da Coruña , este ano pudemos mellorar consideráblemente o transporte por estrada dos barcos da Asociación coa adquisición dun novo remolque de 7,5 metros, que nos permite transportar con seguridade as embarcacións máis grandes da Asociación. Este novo remolque, xa o estreamos con motivo de levar A Desexada ó XI Encontro de Embarcacións Tradicionais do Freixo. Tamén coa mesma subvención poidemos mercar dúas novas emisoras  VHF para as comunicacións dos barcos da flota. Xa as usamos en Outes, e as levamos ó resto das concentracións ás que asistimos este verán, e foron de moita axuda xa que fixéronse dúas travesías nocturnas, e levar unha emisora a bordo non cabe dúbida que transmite máis seguridade. Igualmente foron imprescindibles na proba da Copa Balbina deste ano, donde por primeira vez estábamos os barcos comunicados e a maioría dos participantes estaba ó tanto do transcurso da proba. E tamén poidemos empezar a constr