Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2014

8ª XORNADA DO CURSIÑO DE CARPINTARÍA

Imaxe
Este sábado, os alumnos do cursiño, seguiron dándolle para adiante á buceta. Un pracer volver a contar de novo con Xavier, o máis pequeno dos irmáns Lage que xa se incorporou despois de varias semans de baixa por mor dun accidente de tráfico. Ainda que como vedes nas fotos, segue sen poder contar cunha das máns para traballar. Nada máis empezar a xornada, todos lle arrimaron o lombo e puxeron a buceta coa quilla mirando para o ceo, para poder traballar en grupos polas dúas bandas máis cómodos. Victor e Lino continuaron tallando o alefriz coa trencha e moita paciencia O carballo estaba duro coma o seixo e derramaba as ferramentas. Levoulles tempo, pero foi un traballo ben feito, só lle falta o toque máxico de Pepe. O mesmo facía Rafa na cara de babor da roda. Outro bo traballo. O mestre Pepe di que é un traballo que lle gusta moito, ainda que a algúns alumnos non lles parece tan bonito. Javier Naveira dándolle tamén ó alefriz. Moncho e Jose Carballo estiver

7ª XORNADA DO CURSO DE CARPINTARÍA

Imaxe
Despóis do parón de Nadal, retomamos este sábado o Curso de carpintaría. Contamos nesta xornada ca incorporación do amigo Jose, patrón da dorna Albatros, que se decideu a facer estas 4 xornadas restantes. E tamén contamos coa asistencia dun amigo que veu como invitado dende Vigo a ver como se desenrrolaba  unha xornada do Curso. Dámoslle as grazas polo seu interés. Esta xornada era eminentemente de repaso do proceso constructivo. O mestre David estivo explicándolles de dónde nacían os taboleiros de formas, e que tanto partindo do medio modelo, como das plantillas, á hora de empezar o proceso constructivo, tiñan que pasar sempre polo taboleiro de formas, así que cumpría telo ben claro. Despóis das explicacións sobre o taboleiro e o escantillón, pasóuse a  unhas explicacións na pizarra, durante as cales todos os alumnos estiveron moi atentos. A continuación douse paso á construcción dunha plantilla para facer unha das cadernas correspondentes a un barco duns 10 metros de

Este sábado 18 de xaneiro retomamos o Curso de carpintaría de ribeira

Imaxe
Despóis do parón do Nadal, o sábado 18 de xaneiro retomaremos o Cursiño de carpintaría de ribeira en Lorbé. Alumnos, preparádevos para un repaso das nocións aprendidas.

URXENTE: ESTE SABADO 11 NON HABERÁ CURSIÑO DE CARPINTARÍA

Por motivos axenos á Asociación, este sábado 11 de xaneiro non haberá Cursiño de carpintería en Lorbé. Surxéulle un imprevisto ó mestre carpinteiro e non pode dar a clase desta semán. Intentamos avisar por email e teléfono a todos os alumnos, pero non poidemos contactar con dous deles. Nin tampouco cunha persoa que se iba a desplazar de lonxe para asistir hoxe. As clases se retomarán o vindeiro  sábado 18 de xaneiro e recuperaremos máis adiante este sábado perdido. Desculpade as molestias. A.C.M. Os Patexeiros