Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2014

XII XORNADA DO CURSO

Imaxe
Este pasado sábado 22, estaba previsto que rematáramos coa 4ª Edición do Curso de carpintaría, despóis da ampliación que lle fixemos.   A buceta xa está casi lista, e só faltan retoques por cuberta.   Hai que tapar as puntas, poñerlle as cornamusas, os fileretes, facer a fogonadura, o tinteiro e a tapa do cuartel, pero bueno, xa quedou totalmente forrada.       A primeira hora da xornada mentras uns botaban os pechos do forro, os demáis se puxeron a calafatear as xuntas. Uns cos mazos tradicionais de calafate, e outros co martelo, porque non tiñamos máis mazos.   Meteron estopa e tamén fia de esparto. Tamén lles deixamos cordón de esparto embreado para que probaran a usar distintos tipos de materiais para carenar. Cepillaron a roda, a quilla, etc para matar os cantos.   Aquí podedes ver un detalle do escarpe a raio de xúpiter, onde apreciades a chave (cuña de aprete) e o tornaaugas. Unha vez rematado o traballo dentro, levóuse a buceta

Semán de moito movemento Patexeiro

Imaxe
Esta semán Os Patexeiros participamos na grabación dun programa para a TVG. A grabación do mesmo tivo lugar no local Patexeiro, na carpintaría de Pepe en Lorbé e a bordo da Balbina. Ó rematar a grabación a bordo, fixemos unha regata a remos contra o equipo do programa, para ver quen chegaba antes a porto. Xa vos avisaremos cando sepamos a data de emisión. Por outra banda, hoxe sábado tivo lugar no local Patexeiro a Asamblea Anual Ordinaria, na que se presentou o balance de contas do ano 2013, fixemos un resumo das actividades feitas durante o 2013, aprobáronse as actividades e investementos a facer neste ano 2014,  aprobamos o orzamento previsto, e os socios fixeron varias propostas. Acabamos rondando as dúas da tarde, e algúns xa nos quedamos alí para o Curso de carpintaría, que celebra a súa XI xornada. Na xornada de hoxe, os alumnos seguiron forrando a buceta. Estanse achegando ó seu remate e vense moi entusiasmados. Todos o estamos, os alumnos, o mestre e

Exposición Tempos de Vela

Imaxe
Paseando fai uns días pola Pobra do Caramiñal, nun momento deses poucos que nos deixou a climatoloxía sair á rúa, colléume de repente unha forte chuvieira á altura da Casa de Cultura Raquel Fernández Soler, e que mellor momento para visitala, pois nunca o fixera. Nada máis entrar quedéime gratamente sorprendido ó ver moitos cadros de veleiros. Pero qué pasa aquí? Resulta que esa Casa de Cultura é a sede permanente da exposición Tempos de Vela, que xa estivera  fai moitos anos, no 2005, na Aula de Cultura de Caixa Galicia en Santiago. Trátase dunha exposición de cadros e fotografías dos veleiros galegos do século XIX e dos primeiros vapores,  reproduccións dos lenzos que mandaban pintar, dos seus barcos, os armadores da época. Entre esas imaxes hai barcos moi interesantes como por exemplo a corbeta Tula, propiedade de D.José Colomer Soler (de Riveira)  e D.Lázaro Fernández Seoane (de Palmeira), construído no 1882 na Graña-Ferrol. A corbeta Gwendoline, construída en Dean

OUTRA XORNADA MÁIS

Imaxe
E continúa a bo ritmo, a construcción da buceta no Curso de carpintaría. Hoxe seguiron frasquiando e bordeando. Os alumnos están moi entusiasmados con ver a buceta rematada. E non lle chegan as horas que sempre quedan máis tempo. Pepe vailles ter que deixar a chave, porque ás veces se tiran alí ata pasadas as nove da noite. Algúns xa manexan complétamente o arte do frasquiado. Dolores xa consigueu dominar o corte coa serra de cinta. Lino confesa que aprendeu que neste oficio o "a ollo" e o "ir  facendo" tamén son moi importantes. Agora xa non lle preguntan tanto a Pepe, xa son autónomos,  frasquían, fan a plantilla, despezan a táboa, féndenna ó medio, córtana coa forma axeitada, repásana co cepillo, aséntana, crávana e botan as puntas, sempre coa supervisión do mestre pero xa como un proceso habitual. Gustavo, Daniel, Lino e Rogelio formaron un bo equipo para ir traballando na banda de babor. Moncho, Dolores e Jose estiveron pola banda