xoves, 24 de xullo de 2014

URXENTE: APRAZAMENTO DA II REGATA DA COPA BALBINA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS A VELA.


Por mor da coincidencia ca Regata Concentración de Embarcacións Tradicionais Porto de Redes, vémonos na obriga de aprazar a II Regata da Copa Balbina prevista para este sábado 26 de xullo e que tiñamos calendada dende mediados de Xaneiro e comunicada a data á FGCMF (como todos os nosos eventos no mar), para que os dous eventos non se solapen e deriven en detrimento das dúas Asociacións que os organizamos.
Xa é difícil organizar cousas como para que logo a xente non vaia a algún por exceso de oferta na mesma zona.
Pedimos disculpas ós participantes asíduos á participación nas nosas Regatas.
Quedamos á espera de decidir a nova data para esta regata, a cal comunicaremos en canto a teñamos elexida.

mércores, 16 de xullo de 2014

Programa da II Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais

PROGRAMA DA II XUNTANZA PATEXEIRA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

VENRES 18
Montaxe da carpa Patexeira
Navegación libre de embarcacións da flota patexeira

SÁBADO 19


11:00 Apertura da carpa Patexeira con exposicións de material Patexeiro, fotografías, obradoiro de oleiría e de carpintaría de ribeira.

11:30 Recepción de embarcacións e tripulantes.

13:00 Primera saída ó mar de todas as embarcacións presentes.

14:30 Comida-Pinchada para os tripulantes

16:30 Segúnda saída ó mar das embarcacións

19:00 Participación na procesión da Virxe do Carme de todas aquelas embarcacións que o desexen.

21:00 Merenda-Pinchada para os tripulantes que desexen quedarse.

21:30 Entrega de agasallos.




DOMINGO 20

11:00 Apertura da carpa Patexeira

13:00 Saída a navegar

16:30 Saída a navegar

22:00 Peche da Carpa Patexeira e recollida.

MARÉAS PARA O FIN DE SEMÁN
SÁBADO 19..... baixando dende as 10:37 . Baixa ás 16:40 Coeficiente de marea 54 (marea normal)
DOMINGO 20....baixando dende as 11:43 . Baixa ás 17.51 Coeficiente de marea 50 (marea normal)

 O TEMPO PARA O SÁBADO (SEGÚN METEOGALICIA A DÍA DE HOXE)
O paso dun sistema frontal durante as primeiras horas da xornada deixará unha atmosfera moi inestable en Galicia. Durante a madrugada e primeiras horas da mañá os chuvascos serán xeneralizados, aínda que tenderán a perder intensidade e a ir desaparecendo a medida que avance a xornada. A presenza das nubes fará que as temperaturas da madrugada sexan algo máis altas que nos días anteriores, pero as máximas descenderán novamente polo que en xeral os valores serán baixos para a época do ano. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste, con intervalos de moderado no terzo norte a partir do mediodía. Así que nada que non se poida amañar cunha roupa de augas por se nos colle un chuvasco cando estemos navegando.

O TEMPO PARA O DOMINGO (SEGÚN METEOGALICIA A DÍA DE HOXE)
Entre o domingo e o mércores as altas presións volverán a entrar en Galicia, polo que o domingo será un día de transición no que comezaremos aínda con nubes pero tenderán a abrirse grandes claros co paso das horas. Entre o luns e o mércores o tempo máis probable é moi próximo á climatoloxía desta época do ano, con predominio de sol e temperaturas que no sur pódense achegarse ou superar os 30ºC, mentres que no norte quedaremos entre os 20ºC e os 25ºC. A partir do xoves unha zona de aire frío en altura fará que o tempo sexa máis cambiante. 


luns, 14 de xullo de 2014

II XUNTANZA PATEXEIRA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

Recordámosvos que o vindeiro sábado día 19 e o domingo 20 terá lugar en Sada a II Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais.

Por favor, todas as embarcacións que teñades pensado asistir, enviádenos os datos das esloras ó noso mail patexeiros@hotmail.com para reservarvos a praza no pantalán.

En breve publicaremos o programa da Xuntanza, pero xa vos adiantamos que se navegará o sábado pola mañán e pola tarde e tamén o domingo á mañán e á tarde, así que non tedes disculpa para non vir.

Grazas especiais ó Concello de Sada e a Marina Sada pola cesión do espazo para levar adiante esta Xuntanza.



luns, 7 de xullo de 2014

Clasificación da Copa Balbina

O pasado sábado día 28 de xuño, desputóuse en augas de Sada a primeira proba da Copa Balbina 2014, que xa vai pola súa VI Edición.


Quedóuse unha boa tarde para regatear, bastante soleada e con un vento constante.

A esta primeira cita acudiron 6 embarcacións: Os incombustibles Arxil e  O Sorio, dende Ares, a Teresa, tamén de Ares, Albatros dende Perbes, e A Desexada e Boaventura dos Patexeiros.


Tal e como prometéramos no regulamento, fixéronse dúas mangas.

 A Boaventura, con Jaime á caña fíxose coas dúas mangas, seguida nas dúas ocasións pola dorna Albatros de Perbes, que según parece, tras a reparación que "sufreu" este inverno, ven con gañas de facerse coa Copa Balbina deste ano.



A Teresa e A Desexada fóronse turnando ca terceira e a cuarta praza, e o mesmo fixeron Arxil e Osorio coa quinta e sexta.

A xente xa tiña ganas de ver esas velas tan bonitas navegando no mar de Sada. Esperemos que para a seguinte proba se xunten máis barcos para facela ainda máis competitiva.

Rematada a proba, como sempre, tomáronse unhas cervexiñas, que deso nunca falta na casa dos Patexeiros.

 

Ésta é a puntuación desta primeira proba:


Proba 28 XUÑO
BARCO 1ª MANGA 2ª MANGA
A DESEXADA 4 3
ALBATROS 5 5
ARXIL 2 1
BOAVENTURA 6 6
O SORIO 1 2
TERESA 3 4

A clasificación xeral queda da seguinte maneira:

BARCO PUNTOS
BOAVENTURA 12
ALBATROS 10
A DESEXADA 7
TERESA 7
ARXIL 3
O SORIO 3

Liderando a Copa Balbina vai a Boaventura, seguida por pouco da dorna Albatros e  con A Desexada e Teresa empatadas a puntos na terceira posición e Arxil e O Sorio compartindo a cuarta praza.

Grazas a todos por asistir e compartir con nós esa tarde. Esperamos vervos na Xuntanza Patexeira do día 19 deste mes, onde vos levaredes os 2 puntillos por asistencia.

Recordarvos que tedes todas as fotos desta primeira proba no noso facebook

Palmeirán


martes, 1 de xullo de 2014

Resumo do San Xoan Patexeiro


Outro ano máis celebramos xunto cos compañeiros do CNRS (Recreativo de Sada) o San Xoan.


Como á tardiña se puxo a chover non foi posible facer a festa na rampa como todos os anos, así que se desplazou a infraestructura á Escola de vela.

Por un lado asábase o churrasco e polo outro as sardiñas. Foi preciso montar unha lona fora para que non se mollara o xénero.


Moitos amigos se achegaron a Sada a celebralo con nós. Estaban os alumnos da Escola de vela do CNRS e tamén moitos pais, varios Patexeiros coas familias e tivemos o pracer de contar coa presencia de Pepe, o carpinteiro de Lorbé, coa sua familia.

(Foto CNRS)

Cando parou a choiva púdose facer unha fogueira ó lado da rampa, e tamén a tradicional queimada.


Os máis atrevidos saltaron a fogueira

Debido ás condicións climatolóxicas tívose que suspender a navegación nocturna prevista. Outro ano será.

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com