Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2015

Asamblea dos Patexeiros

Imaxe
O pasado sábado 17 de xaneiro tiveron lugar no noso local de Lorbé as Asambleas de socios, para elexir á nova xunta directiva e para presentar as contas da Asociación, evaluar as actividades feitas durante o ano 2014, aprobar o orzamento para este ano e propoñer as novas actividades para o ano 2015. Na xunta directiva este ano houbo algún relevo, non era sen tempo, afortunádamente os socios vanse implicando no desenvolvemento da Asociación, e contamos con novo vicepresidente, secretario e vogal. Un dos socios nos presentou un estupendo proxecto que levaremos adiante nos vindeiros anos. Tamén deixamos fixadas as datas dos eventos máis importantes que solemos organizar. - A partires de febreiro comenzaremos unha nova edición dos xa famosos Cursos de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais. - O 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas faremos a festa da botadura dos barcos ó mar, que marcará o inicio da tempada de navegación. (ainda que hai