Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2015

Primeira xornada do 5º Curso de carpintaría de ribeira

Imaxe
Onte sábado 21, dou comenzo o 5º Curso de Carpintaría de ribeira. Os alumnos, procedentes de distintos lugares da xeografía galega, Vigo, O Grove, Ferrol, Narón, A Coruña, O Burgo, Sada e Lorbé chegaron con puntualidade á primeira xornada. Despóis dunha presentación inicial da Asociación e do Curso, pasamos diréctamente ás explicacións do mestre carpinteiro. Nesta primeira xornada, como sabedes os que asistíchedes a outras edicións do curso, solemos dar unhas charlas técnicas sobre as ferramentas, estructuras da madeira, durezas, etc. pero nesta ocasión o mestre técnico David, tivo que ingresar no hospital ese mesmo día por un problema de saúde e tivemos que cambiar un pouquiño o desenrolo da xornada. Deixaremos aprazada para vindeiras xornadas a charla técnica. Desexámoslle que se recupere canto antes, que iso é o máis importante. Ó ter que cambiar a planificación da xornada, Pepe, o mestre, dóulles unha pequena introducción de cómo se empezaba a construcción dun barco, p

Mañán sábado 21 arranca a 5ª Edición do Curso de carpintaría

Imaxe
Cubrimos o cupo e arrancamos esta 5ª Edición do Curso de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais. Mañán sábado 21 ás 16:00 horas, casi a totalidade dos alumnos, a excepción duns cantos que se incorporarán o vindeiro sábado 28, empezarán a adentrase no mundo da carpintaría de ribeira. Esperamos, que como nas edicións anteriores, todos queden contentos coa experiencia.

5ª Edición do Curso de carpintaría de ribeira. ÚLTIMAS PRAZAS!!!!

Imaxe
E un ano máis, e xa que non parades de pedírnolo, volvemos a convocar outra edición, e xa van 5, dos xa famosos Cursos de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais. Este ano non contamos con ningún tipo de axuda, polo que tivemos que reducir un pouquiño as horas e seguimos axustando moito a aportación, para que nos cubra casi o custo total do curso. Esperamos con ísto seguír facéndovolo interesante. INFORMACIÓN BÁSICA DO CURSO O cupo, estará limitado a 15 asistentes.  Non se levará adiante se non hai un mínimo de 12 alumnos . - As inscricións serán por rigurosa orde de chegada ó noso correo patexeiros@hotmail.com   - Os cursos serán impartidos por carpinteiros de ribeira profesionais. - Haberá unha pequena parte teórica e moita, pero moita práctica. - Como obxectivo deste curso, e debido á pouca duración do mesmo, nesta edición daránse uns conceptos básicos de cómo se empeza a construcción dunha embarcación tradicional, e se quitar