Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2015

Temos un novo Larrán na familia

Imaxe
O noso compañeiro patexeiro Javier o de Betanzos, acaba de conseguir unha nova xoia. Un estupendo Larrán DM-1 que cun pouquiño de traballo poñerá a funcionar coma un reloj dentro de pouco.  Xa contamos cun Larrán DM-3 na Balbina, e agora este DM-1 do noso compañeiro. Os Patexeiros teñen uns cachiños da historia que siguen vivos. Onte mesmo o sacou e lle fixo o primeiro arranque, agora hai que poñelo a punto. E tal como é este home, sabemos que o vai deixar perfecto. Agora fáltanos un DM-2.

Recollemos os barcos

Imaxe
Esta fin de semán recollemos parte da flota patexeira, dando por rematada a tempada de navegación deste ano. Se fai unha semán xa subeu A Feituca ó seu lugar de invernaxe en Mera, o sábado tocóulle á Leliadoura, que saeu por estrada rumbo a Lorbé onde lle faremos uns traballiños durante o inverno. Tamén a dorna Boaventura a sacamos o venres do fondeo para levala ó seu pantalán de amarre. Aproveitamos para facer unha saidíña a remos ata o pantalán, que como vedes o mar estaba coma un prato e daba gusto remar. A Betty entrou no taller para ver se desta vai. Esperemos vela navegando na vindeira tempada. O Arredemo subirá dentro de poucos días. So nos queda no mar a Lala na Ría do Burgo e A Desexada no seu fondeo de Sada, que esperemos poida navegar algo no inverno. Como vedes, a flota anda desperdigada por diversos sitios ó chegar o inverno. A ver cando chega o día que os poidamos ver todos xuntos amarradiños.

Resumo da última regata da Copa Balbina 2015 e entrega de premios.

Imaxe
 O pasado sábado 10 de outubro organizamos en Sada, a última regata da VII Edición da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela. Este evento daría por pechadas as nosas actividades no mar durante este ano 2015. As malas previsións do tempo fixeron que non acudira ningún barco de fora. Dende aquí pregamos ós medios de comunicación que cambien as súas previsións meteorológicas por espacios do tarot porque acertan máis ou menos o mesmo. Ó final tivemos unha tarde estupenda na que so chispeou uns 5 minutos e disfrutamos dun sol estupendo. O vento, iso si, pouco. Só nos dou para facer unha volta da primeira manga. Únicamente tres barcos da flota patexeira participaron na regata: A Leliadoura con Víctor e Jose, o Arredemo tripulado polos tres tenores, perdón, os tres Javieres (Aguado, Cobelo e Naveira). -Ainda que vista a falta de vento un deles abandoou a regata en marcha para ir a por cervexas-. E A Desexada tripulada por Anuska, Mar, Dolores e o palmeirán.

Os Patexeiros no Mercado do Mar do Festival Mar de Mares

Imaxe
O último fin de semán de setembro estivemos presentes no Mercado do Mar do Festival Mar de Mares na Coruña. O Mercado do Mar, que tivo lugar nos Xardíns de Méndez Núñez na Coruña expoñía diversas accións emprendedoras sustentables, relacionadas co mundo do mar, dende artesáns que confeccionaban os seus productos con cunchas, redeiras que fabricaban complementos, artistas que creaban uns fermosos obxectos con crebas, mozas emprendedoras que deseñaban roupa con motivos mariñeiros e técnicas artesáns, empresas que comercializan polbo procedente das rías galegas sen ningún tipo de aditivos e o fan incluso chegar diréctamente ó consumidor, emprendedores do sector das algas, unha empresa que comercializaba a lamprea en diversas formas, e un comercializador de mariscos de calidade  que se está convertendo nun referente proveendo ós mellores restaurantes da zona . Os Patexeiros tamén estivemos presentes cun stand para concienciar ós asistentes sobre a importacia da preservación do

RECUPERAMOS A ÚLTIMA REGATA DA COPA BALBINA

Imaxe
O vindeiro sábado día 10 de outubro, pecharemos a tempada de navegación, recuperando a última regata da Copa Balbina deste ano, que tivéramos que aprazar debido ó incendio da nave da Escola de vela do CNRS, colaboradores nosos, e onde tamén tiñamos nós material almacenado. A regata será coma sempre ás 17:00 fronte á rampa de servizo do CNRS en Sada. Convocatoria ás 16:30 horas. Ó rematar a regata, entregaranse os trofeos ós tres primeiros clasificados da Copa, agasallos ós participantes e faremos unha merendilla. No caso de mal tempo, suspenderíase xa definitivamente e daríase por concluída a VII edición da Copa Balbina cas puntuacións actuais, xa que dentro de pouco entrarán as suradas e queremos ter os barcos a bo recaudo. A ver se temos sorte e a podemos desputar.