xoves, 24 de decembro de 2015

Bo Nadal e bos ventos para o 2016


venres, 4 de decembro de 2015

Os Patexeiros na Feira dos Oficios Artesás de Sada

Ó longo de tres días, do 13 ó 15 de novembro, Os Patexeiros estivemos presentes na I Feira dos Oficios Artesás de Sada, invitados pola organización.


Para ese evento desprazamos dúas embarcacións, a Leliadoura, construída ó longo de dúas edicións dos Cursos de carpintaría de ribeira, que organizamos, e o Galeón, un bote das Rías Altas, ó que lle estaba facendo falla unha actuación na cuberta.



A Leliadoura estivo os tres días, á entrada da feira, coa vela izada chamando a atención dos que paseaban por Sada.


Os socios patexeiros Javier e Rafa, desprazaron dúas grandes máquinas do seu taller para montar unha verdadeira carpintaría de ribeira en plena zona de exposición para que os visitantes poideran seguir todos os traballos no barco, tratábase dunha serra de cinta e unha combinada.


Tamén desprazamos un motor Larrán de 1 cilindro, e casi 900 kilos de peso, para que os visitantes poideran asistir ó arranque de esta xoia, cousa que facíamos catro ou cinco veces ó día ata que nos rompeu unha peza.

Cada vez que o arrancábamos, cerca de medio cento de persoas arremoliñábanse arredor do remolque onde o tiñamos instalado e aplaudía cando se conseguía oir a súa inconfundible música, pum, pum, pum,  pum, pum , pum!!!!


Dentro da carpa tiñamos montado o noso stand adicado completamente á carpintaría de ribeira, onde mostrábamos varias ferramentas dos carpinteiros, documentais sobre a carpintaría de ribeira e as embarcacións tradicionais, etc....


Fora da carpa tiñamos os barcos, o taller, o motor Larrán e a zona de xogos da pesca sostible, que xa levamos a outras feiras.


Na zona da carpintaría, o venres estivemos desfacendo a cuberta do Galeón, e o sábado botándolle os baos. O domingo púxoselle parte do trancanil.



O problema de estes eventos no inverno son as poucas horas de sol que hai, e ás 6 da tarde xa non se vé nada, ainda que logo a organización montóunos uns focos para poder traballar en canto marchaba o sol.

O sábado pola tarde foi o día de máis afluencia de visitantes, habendo momentos que se facía moi difícil andar pola feira.


Na carpa de obradoiros, ó carón da Leliadoura, o patexeiro Miguel, imparteu un obradoiro de carpintaría de ribeira para nenos, onde cada neno que participou saeu co seu barquiño, uns con vela latina e outros de relinga.


Logo estiveron xogando a turrar polo cabo, tripulacións de nenos contra tripulación de páis. Por suposto, gañaron sempre os nenos. A unión fai a forza.

Na zona do xogo da pesca sostible, a monitora patexeira, Eva, ensináballes ós nenos como tiñan que pescar e incluso lles contou un conto ós máis pequenos. As novas xeracións patexeiras veñen puxando forte.



Ó longo da fin de semán recibimos moitas visitas de grandes amigos, o mestre carpinteiro o Sr Lino, vello amigo xa doutros eventos, o noso mestre carpinteiro Pepe Gómez Porto, antiguos armadores da Balbina, o vicepresidente da FGCMF, representantes de grupos políticos da comarca, representantes dos empresarios, etc... e moitos máis amigos.Todos nos felicitaron polo noso traballo.


Rosana fíxonos a comida o sábado a base de tortillas e croquetas, que disfrutamos á sombriña da carpa dos obradoiros, e o domingo foi o amigo Luis Boutureira, o que nos agasallou cun estupendo entrante de xamón asado e Agustín tróuxo a empanada.



Moi boa xente todos os artesáns que estiveron presentes na feira, destacando o nosos veciño Valdi que tiñamos xusto enfrente do noso stand.

Ós visitantes gustóulles moito o exposto. A ver se nos vemos na seguinte.

Queremos darlle as grazas a todos os amig@s que nos felicitaron, animaron, e axudaron ó longo destes días. Iso danos forzas para seguir remando.




A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com