sábado, 13 de agosto de 2016

Regata de embarcacións tradicionais de Ares

Unha semán despóis de asistir á regata de Perbes, outro nutrido grupo de patexeiros asistiron á regata de embarcacións tradicionais de Ares.



Nada máis e nada menos que 8 tripulantes: Chimpo, Javi Naveira, Pepe, Jaime, Pablo, José Luis (Pepe), Javi Aguado e Ramón.


De novo, catro barcos patexeiros: Boaventura, A Feituca, Arredemo e A Desexada fixeron a singladura de Sada a Ares para participar nesta regata de Ares.


A expedición chegou con pouco vento e xa algo de néboa, que se mantería ó longo de toda a xornada.

Coméuse a carón do porto.


Moi boa asistencia de barcos, da gusto ver tantos barcos xuntos.


Unha vez rematada a regata, houbo que marchar para Sada, sen vento ningún.


A dorna Albatros remolcou a uns barcos e A Desexada a outros.

Chegóuse xa de noite.


Próxima cita, a terceira regata da Copa Balbina en Sada, o vindeiro sábado 27 de agosto.


sábado, 6 de agosto de 2016

Gran Premio de Embarcacións Tradicionais de Perbes

O pasado sábado día 6 de agosto, acudimos un ano máis ó Gran Premio de Embarcacións Tradicionais de Perbes, que este ano cumpleu a súa 3ª Edición, e que con un gran traballo, organizan os amigos do Club Marítimo de Perbes.


As previsións meteorolóxicas daban, para a hora da regata, unha nordestada con refachos de ata 20 nós, pero ainda así alá fomos con 4 barcos da flota patexeira: A Desexada, A Feituca, Boaventura e Leliadoura, e nada menos que con 8 tripulantes patexeiros.

A singladura ata Perbes fíxose cun ventiño suave, que non facía prever tanto vento pola tarde.

Nada máis chegar, algúns patexeiros xa se tiraron pola borda, pois apetecía con tanto calor


Comemos alí mesmo, no muelle de Perbes, á sombriña.


Logo pisamos a fervente area da praia e fomos tomar café, mirindas e chupitos ó bar da praia.


Pola tarde, novo baño da tripulación e listos para embarcar.

Ó empezar a regata xa botamos de menos a Osorio, máxime cando dixera que iba a asistir, e Pepe é home de palabra.

A regata foi un triángulo olímpico, a Boaventura saía de primeira seguida da Albatros, Desexada de terceira, e logo Feituca e Leliadoura. O Trasno e a Punta Coitelada non tomaron a saída e mantivéronse fora do campo de regatas.

A Boaventura tivo problemas na primeira boia, sendo rebasada pola Albatros que xa non perdería esa posición, a Desexada pasaba segunda.

Ó entender polo VHF que a illa da Fesa se tomaba por fora, A Desexada tomaba ese rumbo, e ainda que se ía moito máis rápido polo forte vento que sopraba fora, a distancia era moito máis, co que foron adiantados pola Boaventura que tomou a Fesa por dentro. A Feituca, vendo o rumbo da Desexada optou por seguila e tamén tomou a Fesa por fora.

Ó remate da primeira volta, dámonos conta que a Leliadoura volcara e estaba entre augas, sendo remolcada pola lancha do comité e os dous tripulantes, Ramón e Javi Aguado eran levados a terra pola moto de salvamento. Parece ser que ó ir tan escorados, lles empezou a entrar auga polos corredores, seguiron mantendo escota e cando se deron conta a auga xa era demasiada e foron a pique.


A Desexada veuse metida no medio do remolque e tivo que variar o rumbo e deixar por babor á lancha do comité é a Leliadoura remolcada, facendo unha distancia adicional e sendo adiantada pola Feituca. Nese momento as posicións eran Albatros, Boaventura, A Feituca e A Desexada.



Tamén tivo un pequeno fallo virando a boia da praia, co que a distancia aumentaba, pero o patrón Naveira empezou a cazar escota e ceñir a tope e demos pasado á Feituca antes de chegar á boia da Fesa.

De novo, pensando que a regata se desenvolvía por fora da Fesa, colleron ese rumbo, mentras todos os demáis barcos facían o largo por dentro da Fesa.

O resultado final foi: Albatros , Boaventura, A Desexada e A Feituca.


Nada máis chegar ó fondeo xa vimos reflotada a Leliadoura de novo, so houbo que lamentar uns pequenos desperfectos nun costado ó ser arrastrada por encima dunhas pedras ó ser remolcada.

O subir ó muelle recibimos unha chamada dende Ares notificándonos que o barco Osorio, con Pepe e o neto Brais, sufriran uns fortes refachos de vento e os fixo naufragar cerca da praia de Ver, rematando co barco no fondo do mar, e sen danos persoais.






















O Osorio foi reflotado dous días despóis e xa participou na regata de Ares do seguinte fin de semán.


Todo un logro para eses dous experimentados tripulantes e que demostran a cerna do que están feitos.

Despois de recoller os premios e tomar os pichos, voltamos para Sada.

Tripulación da Desexada

Travesía sen vento, que nos obrigou a usar o motor na Desexada, remolcando á Leliadoura ata que á altura de Miño empezou a soprar unha brisiña que nos levou ata Sada. A Boaventura foi a vela todo o tempo, e A Feituca un pouco a remos e logo xa a vela.

Chegamos a Sada xa ca noite encima.


Próxima cita, o sábado 13 en Ares.

luns, 1 de agosto de 2016

Resultado da 2ª regata da VIII Copa Balbina

O pasado sábado, cun pouquiño de retraso, sobre o horario previsto, (veunos ben para esperar a Osorio)  dou comenzo a 2ª regata da VIII Edición da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela.

Nesta ocasión cinco embarcacións presentáronse na liña de saída: Albatros, Osorio, A Feituca, Leliadoura e A Desexada.


Sobre as 17:45 douse a saída á primeira manga cun vento do Nordés duns 10-12 nudos, que afortunadamente nos acompañou ó longo das dúas mangas disputadas.

Coma sempre, Albatros saeu a todo filespín seguida da Feituca e Leliadoura.


Chegando á primeira boia as posicións eran Albatros, A Feituca, A Desexada, Leliadoura e Osorio.

O Osorio tivo problemas na primeira virada perdendo un tempo precioso. É o problema de ir un só como tripulación. Un ten que facer todo. Ademáis metía tremendas escoradas que se lle veu a quilla en varias ocasións.


Ainda así non se dou por vencido e intentou remontar.


Na segunda volta da primeira manga a Albatros , sempre perseguida pola Feituca de Pablo e seu sobriño, sacou unha distancia considerable ó terceiro que era A Desexada. A Leliadoura intentaba presionar ós novatos que iban na Desexada pero non conseguiron que cometeran graves erros. Osorio, pola súa parte perseguía á Leliadoura, tripulada por Javi Aguado e Chimpo.


A primeira manga rematou ca Albatros en primeiro lugar, seguida de A Feituca, A Desexada, Leliadoura e Osorio.


En canto se dou a chegada xa se empezou a conta atrás para dar saída á segunda manga.

Cando faltaban 2 minutos, A Desexada , que era a que oficiaba de xuiz de saída, tivo un problema ó tocarlle o timón no fondo ainda que estábamos a moitos metros da costa, e intentando solucionalo caéunos o teléfono ó plan reseteándose a conta atrás co que demos a saída con medio minuto de atraso.

Albatros, sempre atenta, volveu a sair de primeira seguida pola Feituca, que se pegaron a eles como lapas, terceiro saeu Osorio, seguido a poucos metros da Desexada, e por último leliadoura


Nesta manga a Leliadoura achegábase máis á Desexada, ó tomar un rumbo máis pechado proa á primeira boia, mentras que a Desexada poñía máis proa a Perbes, e logo iba mangada cara á boia. Osorio aida collía un rumbo máis aberto indo cara a Miño.

A Desexada intentaba atrapar á Feituca pero Pablo xa aprendeu moito este ano e mostrábase intratable co que non conseguimos reducir a distancia que nos separaba.


Hai que decir que na Desexada levábamos un foque máis pequeno co que non conseguimos desarrollar todo o potencial do barco.

A Leliadoura, pode ser un duro rival en canto se lle monte o foque que tén á espera de meter o botalón. Igual ten bastante máis que decir na Copa Balbina.


Coma sempre, Albatros, ca súa tripulación de gala, con Marta, Anuska, Víctor e Jose, estiveron intratables, vímolos de cerca nas saídas e logo nas cervexas do final.

Botóuse de menos á dorna Boaventura, que con este vento podíase convertir na sombra da Albatros.

Despóis viñeron as cervexas e o intercambio de impresións.



A clasificación xeral despois de disputada a 2ª regata queda da seguinte maneira: .

CLASIFICACIÓN XERAL
BARCO PUNTOS
ALBATROS 39
A DESEXADA 34
OSORIO 27
LELIADOURA 24
A FEITUCA 23
BOAVENTURA 15
RICHI 15
ARREDEMO 10
ABUR 5
ALIVANTA 5
SAUNTRESS 5



Vémonos o vindeiro sábado 6 en Perbes, que vos recordamos é puntuable para a Copa Balbina. Alí haberá moitos barcos e as puntuacións poden cambiar moito, incluso barcos que non puntuaron ata o de agora se poden meter de cheo nos primeiros postos.
A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com