venres, 28 de outubro de 2016

6ª Edición do Curso de carpintaría de ribeira. Comenzo: 5 de novembro



O sábado día 5 de novembro empeza a 6ª Edición do Curso de carpintaría de ribeira. Ainda nos quedan tres prazas vacantes, así que se estades interesados, facede a inscrición antes do xoves día 3 de novembro.

INFORMACIÓN BÁSICA DO CURSO


  • O cupo, estará limitado a 18 asistentes.  Non se levará adiante se non hai un mínimo de 15 alumnos.
    - As inscricións serán por rigurosa orde de chegada ó noso correo patexeiros@hotmail.com 
    - Os cursos serán impartidos por carpinteiros de ribeira profesionais.
    - Haberá unha pequena parte teórica e moita, pero moita práctica.
    - Como obxectivo deste curso, e debido á pouca duración do mesmo, nesta edición daránse uns conceptos básicos de cómo se empeza a construcción dunha embarcación tradicional, e se quitará unha caderna sobre o taboeiro, pero sobre todo, o curso centrarase en cómo afrontar reparacións básicas que un usuario se pode atopar no seu barco, como sustitucións de banzos, cadernas, barraganetes, caureis, trancanís, etc... Tamén veremos nocións de calafateado tradicional e moitas cousas máis.
    - Facilitarase material de seguridade ós asistentes: gafas protectoras, guantes e batas, que serán de USO OBRIGADO durante o curso
     - Entregarase a cada asistente material teórico en soporte dixital.
    - As xornadas do curso desenrolaranse os sábados pola mañán dende as 9:45 horas. Prégase puntualidade.
    - Cada xornada constará de 4 horas de formación e haberá un descanso duns 15 - 20 minutos, no que como acostumamos, vos serviremos un refrixerio. (Non esperedes máis ca o que vos ofrecen nalgunhas liñas aéreas, eh!!!). A xornada rematará ás 14:00.
    - O curso terá unha duración total de 24 horas (6 sábados pola mañán) 
    - Ó rematar o curso, e se os alumnos o demandan poderíase contemplar a ampliación do curso, como se fixo noutras edicións, para o que se falaría no seu momento.

    • As datas previstas serían: 5-12-19-26 de novembro, 3 e 10 de decembro. Como todos os anos, se algún día coincidira con algunha data especial ou festivo, ou por necesidades de producción do estaleiro,  consultado entre os alumnos aprazaríase  ó seguinte sábado operativo.
      - Ó finalizar o curso daranse uns diplomas acreditativos ós asistentes.
      - O inicio do curso está previsto para o  sábado 5 de novembro.

APORTACIÓNS PARA SUFRAGAR O CURSO

SOCIOS DA A.C.M. OS PATEXEIROS...................................... 115 €

SOCIOS DO C.N.RECREATIVO DE SADA....(*1)...................  125 €

DESEMPREGADOS.........(*2)...................................................... 125 €

        RESTO DE ALUMNOS................................................................ 135 €         


(*1) Os socios do C.N.R.S deberán acreditar a súa condición de socios.
(*2) Os desempregados deberán acreditar a súa condición mediante a presentación da tarxeta de demandante.
INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN ADICIONAL A TRAVESO DO NOSO CORREO : patexeiros@hotmail.com 
Enviar os seguintes datos:
NOME, TELÉFONO, MAIL, POBOACIÓN, EDADE, DNI .
Indicade se sodes socios do CNRS ou estades desempregados para aplicarvos a tarifa correspondente. Teredes que acreditar a situación.

martes, 11 de outubro de 2016

Última da tempada. Barcos a terra.

O pasado oito de outubro foi a data elexida para recoller os barcos da Asociación e dar por rematada a tempada de navegación.


Aproveitando o bo tempo decidiuse facer a última singladura do ano entre o porto de Sada e o de Lorbé.

A Desexada patroneada por Chimpo e musicalizada por Lucas, quen se encargou de poñerlle banda sonora ó día co seu acordeón, A Leiladoura con Xavier Aguado e Xavier alias "o Brutanceiro", e A Feituca con Pablo e Jaime, facíanse ó mar sobre a unha e media da tarde.

Antes uns cafeíños para quentar o corpo e recollida do tiravira da Feituca.

Cunha lixeira brisa partían os tres barcos xuntos ó son da música do integrante dos Folkolicos. O compoñente nordeste do vento poñia ás embarcacions rumbo a Perbes coma querendo rendir homenaxe ós amigos que este ano custodian a Copa Balbina.

A Feituca facía o primeiro bordo e  aproximábase de novo a Sada proa ó porto intentando gañar barlovento.

De seguido as embarcacións desfixeron o grupo e comenzaban a navegar intentando gañar o mar que viña de cara e o vento que o acompañaba.

En paralelo por ambas beiras da ría, uns mais preto das batéas de Carnoedo e outros xa  visitando a Carboeira, ian en constante comunicación a traveso dos VHF.

Algúns non entenden que estes medios son para mensaxes curtos e non para ir de cachondeo uns cos outros... Dende eiquí pedimos disculpas pola parte que nos toca... pero ninguén nos quita as risas botadas.

O vento non quería darnos unha navegación directa, e ainda que ía crecendo e agasallándonos cunhas rachas que facían as delicias dos tripulantes, a dirección nunca era a desexada. Así A feituca pasaba Ares e costeaba rumbo a Ferrol. Namentres a Leiladoura e A Desexada achegábanse a Punta Celeiro coma queréndose despedir de todo o Arco Ártabro e de todos os que este ano participaron das diferentes actividades organizadas polos Patexeiros. Un xesto nobre á par que emocionante. Non así para os seus tripulantes que loitaban cun vento en role constante que facía que por momentos as embarcacións puxeran proa a Sada como querendo voltar.

Sobre as tres da tarde pareceu coma se o deus Eolo decidira que xa era suficiente e soprou do Norte facendo que tivéramos unha rápida navegación rumbo a Lorbé.

Para A Feituca, que avistaba o porto exterior de Ferrol, este vento veulle de perlas e cunha rápida empopada poñia rumbo á Balbina.

A Desexada e a Leiladoura, ó estar ainda protexidos pola costa non recibía o mesmo trato. Decidiron prender o motor e sair da encalmada na que se atopaban.

Unha vez saida dela, a todo trapo e ás carreiras chegaron á Balbina.


Tocaba xantar e beber. O que non sabíamos  era que na Desexada tiveron problemas de abastecemento. Viñan xa pelados de comida. Chimpo non quixo facer declaracións...


Na Leiladoura, a mesma situación pero neste caso o que misteriosamente desapareceu foron as cervexas... Logo atoparíanse os corpos do delito en forma de cadáveres de lata no fondo da embarcación.

Durante o xantar, música, comida, bebida e bailes improvisados.

Cando nos iamos, por aquelo do que dirán, baldeamos a cuberta do noso barco insignia.


 E as gaivotas sobrevoando anunciaban que ían seguir ca súa labor de facerlle esa bonita pintura de camuflaxe que tan ben saben facer....


Xa a motor, os tres barcos foron directos á rampa do porto de Lorbé.

Non sen dificultadesse subimos os tres barcos. Dificultades que foron superadas evidentemente, somos Patexeiros!!!!

No porto quedaban xa para invernar a Leliadoura e A Desexada.


A Feituca voltou ó seu fogar de inverno en Mera. Este é o problema que temos todos os anos cos barcos ó non poder dispoñer de amarres axeitados no Porto de Sada.


Agora comenza a preparación das embarcacións para a vindeira tempada de navegación, e devolverlles con mimo todos os bos momentos que vivimos grazas a elas, que foron moitos e moi variados.

Algunha escapadiña faremos nas que quedan no mar (a Boaventura, e o Arredemo),  se o tempo nolo permite.

mércores, 5 de outubro de 2016

Intentámolo de novo: 6º Curso de carpintaría de ribeira

Pois volvémolo a intentar, a ver se desta pode ir adiante a 6ª edición do Curso de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais.


INFORMACIÓN BÁSICA DO CURSO

  • O cupo, estará limitado a 18 asistentes.  Non se levará adiante se non hai un mínimo de 15 alumnos.
    - As inscricións serán por rigurosa orde de chegada ó noso correo patexeiros@hotmail.com 
    - Os cursos serán impartidos por carpinteiros de ribeira profesionais.
    - Haberá unha pequena parte teórica e moita, pero moita práctica.
    - Como obxectivo deste curso, e debido á pouca duración do mesmo, nesta edición daránse uns conceptos básicos de cómo se empeza a construcción dunha embarcación tradicional, e se quitará unha caderna sobre o taboeiro, pero sobre todo, o curso centrarase en cómo afrontar reparacións básicas que un usuario se pode atopar no seu barco, como sustitucións de banzos, cadernas, barraganetes, caureis, trancanís, etc... Tamén veremos nocións de calafateado tradicional e moitas cousas máis.
    - Facilitarase material de seguridade ós asistentes: gafas protectoras, guantes e batas, que serán de USO OBRIGADO durante o curso
     - Entregarase a cada asistente material teórico en soporte dixital.
    - As xornadas do curso desenrolaranse os sábados pola mañán dende as 9:45 horas. Prégase puntualidade.
    - Cada xornada constará de 4 horas de formación e haberá un descanso duns 15 - 20 minutos, no que como acostumamos, vos serviremos un refrixerio. (Non esperedes máis ca o que vos ofrecen nalgunhas liñas aéreas, eh!!!). A xornada rematará ás 14:00.
    - O curso terá unha duración total de 24 horas (6 sábados pola mañán) 
    - Ó rematar o curso, e se os alumnos o demandan poderíase contemplar a ampliación do curso, como se fixo noutras edicións, para o que se falaría no seu momento.
    • As datas previstas serían: 29 de outubro, 5-12-19-26 de novembro, 3 de decembro. Como todos os anos, se algún día coincidira con algunha data especial ou festivo, ou por necesidades de producción do estaleiro,  consultado entre os alumnos aprazaríase  ó seguinte sábado operativo.
      - Ó finalizar o curso daranse uns diplomas acreditativos ós asistentes.
      - O inicio do curso está previsto para o  sábado 29 de outubro. No caso de que faltasen poucos alumnos para cubrir o cupo poderíamos aprazalo un sábado máis.
APORTACIÓNS PARA SUFRAGAR O CURSO
SOCIOS DA A.C.M. OS PATEXEIROS...................................... 115 €
SOCIOS DO C.N.RECREATIVO DE SADA....(*1)...................  125 €
DESEMPREGADOS.........(*2)...................................................... 125 €
        RESTO DE ALUMNOS................................................................ 135 €         

(*1) Os socios do C.N.R.S deberán acreditar a súa condición de socios.
(*2) Os desempregados deberán acreditar a súa condición mediante a presentación da tarxeta de demandante.

PREINSCRICIÓNS E INFORMACIÓN ADICIONAL A TRAVESO DO NOSO CORREO : patexeiros@hotmail.com 
Enviar os seguintes datos:
NOME, TELÉFONO, MAIL, POBOACIÓN, EDADE, DNI .
Indicade se sodes socios do CNRS ou estades desempregados para aplicarvos a tarifa correspondente. Teredes que acreditar a situación.
A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com