Publicacións

XORNADA TECNICA DE NAVEGACION TRADICIONAL

Imaxe
O Vindeiro dia 30, a nosa asociación ten organizado unha xornada técnica sobre navegacion tradicional, que se centrará nas embarcacions do Norte de Galicia e concretamente no caso de Sada. Será na Casa da Cultura "Pintor Llorens", e comenza as 11 da mañán. A Xornada está dividida en tres actos. Pola mañán, teremos unha interesantísima conferencia sobre as embarcacions do norte, a cargo de Bernardo Maiz e Cásar Bedoya, ambos expertos en estas embarcacions. No segundo asalto, teremos unha mesa redonda sobre o estado do noso patrimonio marítimo, as vias de conservación , o tratamento que ten a administración sobre este tema, as iniciativas que se poden dar, etc. Estarán O Capitan marítimo de Sada, o Presidente da AAETG, o director do Museo do Mar de Galicia , e salvo imposibilidade de vir, o presidente de Portos de Galicia. Tamén temos organizada unha comida con pratos tradicionais que por mor de non ter ainda subvencions nos vemos obrigados a co...

SEMANA SANTA NA RIA DE AROUSA

Imaxe
Ola mariñeiras/os Non estivemos durmidos todo este tempo. Mais ben o contrario. Estivemos tan ocupados que nin tempo houbo de actualiza - lo blog. Tal e como dixéramos, nesta Semana Santa, fomos convidados pola Asociación Cultrual "Lajareu por Barlovento" de Ribeira. Así que alá fumos, de maniobras co "Arredemo". Pero lamentablemente o tempo non nos deixou mais que un dia para navegar e outro para facer sendeirismo pola zona. Pouco pero pagou a pena. Xa fondeamos o bote o Mércores á noitiña. Pero o xoves choveu case todo o día, e o vernes o forte e refachado vento de San Alberte non nos deixou nevegar a gusto. Aquí na ria de Sada estamos acostumados a que o vento malo, moi variable en dirección e intensidade e o Suroeste. Alí é ó contrario. O Suroeste ven limpo desde a bocana da Ria, e o Norte, NO, e NE , como dicía Fernando baixa envenenado pola Curota abaixo. Pero o sábado sí. O sábado fixemos unha fermosísima travesía de Ribeira a Palmeira, con tres dornas e o Ar...

ANCORA NO ALEN 14 GRAVADOS E DOUS POEMAS PARA LUGRÍS

Imaxe
O vindeiro xoves 26, inaugúrase esta exposición homenaxe a Urbano Lugrís. Esta carpeta homenaxe, está composta por 14 gravados e dous poemas de diferentes artistas, e coordinada por Nacho Baamonde, pintor e gravador coruñes e membro dos Patexeiros. A exposición se poderá visitar na Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Na Coruña, en horario de 16:30 a 20:30 de luns a vernes ate o 26 de Marzo. O 12 de marzo, tamén terá lugar a charla : Lugrís, Pintor, Creador Unha achega á súa obra descoñecida Que terá ó propio Nacho como poñente. Podedes ver mais información aquí: http://sites.google.com/site/memoriaactividades/Home/homenaxe-a-lugris Parabens a Nacho e seus colaboradores

NACE A ASOCIACION CULTURAL MARIÑEIRA DE SADA "OS PATEXEIROS"

Xa desde o pasado dia 23 de Xaneiro, no que fixemos a nosa primeira reunión, empezamos a existir coma asociación, ainda que xa viñamos a desenrolar algunhas actividades coma sección de vela tradicional no C.N. Recreativo de Sada. O noso obxectivo mais inmediato, e a restauración dun patexeiro de 12 m de eslora que leva fondeado en Sada nada mais e nada menos que 64 anos. Foi construido orixinalmente con aparello de vela, que se conservou ate hai dous anos. Tamén seu motor diesel que acende a mechas e unha peza de museo en sí. O barco ía ser desguazado, pero de momento salvouse. Esperamos velo navegar a vela pola ria de novo en pouco tempo. Pero non e o único proxecto que temos. Coma asociación cultural, tamen temos xa varios frontes abertos: - A creación dun arquivo fotográfico e testemuñal da memoria histórica sobre a vida mariñeira de Sada - A redacción dun libro sobre o barco e a sua historia - Asesoramento e apoio os novos a...