Publicacións

XA TEMOS NOVA SEDE SOCIAL

Imaxe
Si, amigos, compañeiros, seguidores, .... Os Patexeiros, por fin temos o noso Local Social. Tras varios anos solicitándoo, petando a distintas portas, recibindo moitas escusas e levando varias desilusións, por fin chegou o día en que unha entidade nos concedeu o aluguer dun local. E nos imo s para o Porto de Lorbé, sede xa de moitas das nosas actividades ata o momento, onde Portos de Galicia nos concedeu unha das chabolas da zona portuaria, tras habelo solicitado formalmente en abril do 2010. Tardou, pero xa o temos. E non é un local moi grande, son 25 m2, pero é mellor ca nada ¿non pensades?. Estivémolo adecentando, limpando, e pintando as paredes que estaban co cemento á vista. Levamos todo o material de oficina, mesas, sillas e estanterías que nos regalou a empresa INIBE TECNOLOGÍA, levamos o banco de traballo que nos cedeu outra empresa de Sada, trouxemos o material que tiñamos no CNRS (o noso patrocinador loxístico) e xa temos todo máis ou menos operativo. Montamos unha pe quena o...

O Punta Pragueira en Lorbé

Imaxe
Os nosos veciños e amigos da Asociación de Embarcacións Tradicionais da Coruña tamén están facendo traballos no seu barco, o galeón Punta Pragueira, co obxecto de levalo inmaculado ós Encontros de Carril. Aquí o vedes no carro do Estaleiro de Pepe en Lorbé para calafatear a cuberta e outros traballos. by Palmeirán

O "Santa Eulalia" e o MMB

Imaxe
Aproveitando unha pequena visita turística, aproveitei para visitar o "Museu Maritm de Barcelona". Non é ésta a mellor época para visitalo, porque estan a facer obras e a exposición no interior do Museu esta moi reducida. Cómpre esperar un ano e medio (aproximadamente) ao remate das obras (según dixeron ala). Pero o que si paga moitísimo a pena visitar, e a parte frotante do Museu, o Pailebote "Santa Eulalia", barco feito en Torrevieja (Alicante) en 1918, que se adicou ao transporte de mercadorias polo Mediterraneo e mesmo foi a Cuba por duas veces. Tamén tivo un turbio pasado "pirata" , xa que entre 1931 e 1936 adicouse a extraperlo, ate que foi decomisado. Tivo una longa vida activa, adicándose por último como embarcación auxiliar para o buceo, ate que no 1997 foi adquirido en subasta polo Museu, institución que o restaurou tal e como foi antano, na sua versión orixinal (O "Carmen Flores"), cando facia transporte a vela por todo o Mediterraneo...

REMATE DAS XORNADAS SOBRE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO MARITIMO DO GOLFO ARTABRO

Imaxe
O pasado sábado 9, na Casa Labarta, en Mera, remataron as xornadas. Este dia, comenzou cunha interesantísima mesa redonda sobre pasado presente e futuro da pesca en Mera. Alá estiveron varios dos que foran mariñeiros na Vila, os mais veteranos, que nos contaron moitas anécdotas e moitas vivencias sobre o que fora seu traballo ao longo de moitos anos. Mera chegou a ter mais de cento e pico socios na Cofradía, pero pouco a pouco foise esnaquizando o colectivo, e hoxe, ainda que e unha das poucas cofradías que se mantén e sen débedas, xa non ten barcos amarrados en Mera. Por mor de non ter sorte coas infrastructuras, a frota foise indo a outros portos. Guillermo, o Presidente da Cofradía, explicounos moitos dos problemas que teñen actualmente, de cómo unha administración que descoñece a vida cotiá do mundo do mar, establece normas que, as veces non se poden chegar a cumprir. Alá formouse un acalorado debate, cando despois do pasado e do presente chegoulle o turno ao futuro. Os armadores ...

Na terceira sesión das Xornadas

Imaxe
O pasado sábado, celebramos no peirao de Lorbé a terceira sesión das xornadas sobre posta en valor do patrimonio marítimo. Na primeira parte do dia, tivemos a visita á nave da Asociación de Redeiras de Lorbé. Na visita, elas nos explicaron como traballan, como traballaban antano, os problemas que teñen na súa profesión, e moitísimas cousas máis. Foi maravilloso escoitar como unha asociación de autónomas consegue sobrevivir, a pesar de toda a problemática que rodea o seu oficio. Foron moi amables, e ademais, tivemos na nave de redeiras un pequeno debate sobre conservación do patrimonio marítimo, incluindo lembranzas sobre aparellos xa desaparecidos. Increible a cantidade de xente que coñecían na zona, prácticamente a toda do mundiño do mar, con cadanseu alcume. !!ISO SI QUE SON REDES SOCIAS E NON O FEISBUC ESE!! (e máxime vindo das "redeiras"). Os Patexeiros fixemos unha invitación oficial a participaren na II Feira mariñeira de Sada, e mesmo quedamos con elas non só para comp...

Visita a Coruña do Christian Radich

Imaxe
Para todos os amantes da vela, e sobre todo para os das embarcacións tradicionais, é un pracer ver estes días no peirao de trasatlánticos da Coruña á fragata norueguesa Christian Radich. Onte pola noite e hoxe a primeira hora da mañán, estaba acompañada de outro grande veleiro, o Sorlandet, tamén noruegués do que non vos podo ofrecer fotos, xa que só lle vin os mastros dende o coche, e á hora da comida, cando foron quitadas as fotos, xa non estaba amarrado ó peirao. Bonito mascarón de proa ten o Christian Radich. Será o preludio da regata de grandes veleiros que arribará á Coruña o vindeiro ano. by Palmeirán.

Segunda Sesión das Xornadas de Posta en Valor do Patrimonio Cultural Marítimo

Imaxe
Se o primeiro día lles tocou ó C.N. Punta Bufadoiro facer de anfitrións na presentación das Xornadas, nesta ocasión tocóunos ós Patexeiros. E como AINDA NON TEMOS LOCAL , e haino que decir ben alto, a ver se as entidades ás que llo solicitamos en reiteradas ocasións se dan por aludidas, leva mos a cabo estas Xornadas na Carpintaría Lorbé que nos cedeu Pepe ó longo da mañán, e a bordo do barco Ría de Ferrol que amablemente nos trouxeron os amigos do Clube do Mar de Ferrol. Entre os asistentes atopábanse, como organizadores e colaboradores, o tenente de Alcalde de Oleiros, o xerente do GAC2, representantes de Caixal Proxectos, o presidente do C.N. Punta Bufadoiro, representantes do Clube do Mar de Ferrol e representantes dos Patexeiros. Nesta ocasión xuntáronse algo máis de 20 persoas para escoitar de boca de Pepe e David, que é unha carpintaría de ribeira, como son as madeiras, como nace un barco, que hai que facer se queremos construir un, e varias cousas máis. Os asistentes, como ...