Publicacións

Regata de embarcacións tradicionais de Ares

Imaxe
Unha semán despóis de asistir á regata de Perbes, outro nutrido grupo de patexeiros asistiron á regata de embarcacións tradicionais de Ares. Nada máis e nada menos que 8 tripulantes: Chimpo, Javi Naveira, Pepe, Jaime, Pablo, José Luis (Pepe), Javi Aguado e Ramón. De novo, catro barcos patexeiros: Boaventura, A Feituca, Arredemo e A Desexada fixeron a singladura de Sada a Ares para participar nesta regata de Ares. A expedición chegou con pouco vento e xa algo de néboa, que se mantería ó longo de toda a xornada. Coméuse a carón do porto. Moi boa asistencia de barcos, da gusto ver tantos barcos xuntos. Unha vez rematada a regata, houbo que marchar para Sada, sen vento ningún. A dorna Albatros remolcou a uns barcos e A Desexada a outros. Chegóuse xa de noite. Próxima cita, a terceira regata da Copa Balbina en Sada, o vindeiro sábado 27 de agosto.

Gran Premio de Embarcacións Tradicionais de Perbes

Imaxe
O pasado sábado día 6 de agosto, acudimos un ano máis ó Gran Premio de Embarcacións Tradicionais de Perbes, que este ano cumpleu a súa 3ª Edición, e que con un gran traballo, organizan os amigos do Club Marítimo de Perbes. As previsións meteorolóxicas daban, para a hora da regata, unha nordestada con refachos de ata 20 nós, pero ainda así alá fomos con 4 barcos da flota patexeira: A Desexada, A Feituca, Boaventura e Leliadoura, e nada menos que con 8 tripulantes patexeiros. A singladura ata Perbes fíxose cun ventiño suave, que non facía prever tanto vento pola tarde. Nada máis chegar, algúns patexeiros xa se tiraron pola borda, pois apetecía con tanto calor Comemos alí mesmo, no muelle de Perbes, á sombriña. Logo pisamos a fervente area da praia e fomos tomar café, mirindas e chupitos ó bar da praia. Pola tarde, novo baño da tripulación e listos para embarcar. Ó empezar a regata xa botamos de menos a Osorio, máxime cando dixera que iba a asistir, e Pepe é home...

Resultado da 2ª regata da VIII Copa Balbina

Imaxe
O pasado sábado, cun pouquiño de retraso, sobre o horario previsto, (veunos ben para esperar a Osorio)  dou comenzo a 2ª regata da VIII Edición da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela. Nesta ocasión cinco embarcacións presentáronse na liña de saída: Albatros, Osorio, A Feituca, Leliadoura e A Desexada. Sobre as 17:45 douse a saída á primeira manga cun vento do Nordés duns 10-12 nudos, que afortunadamente nos acompañou ó longo das dúas mangas disputadas. Coma sempre, Albatros saeu a todo filespín seguida da Feituca e Leliadoura. Chegando á primeira boia as posicións eran Albatros, A Feituca, A Desexada, Leliadoura e Osorio. O Osorio tivo problemas na primeira virada perdendo un tempo precioso. É o problema de ir un só como tripulación. Un ten que facer todo. Ademáis metía tremendas escoradas que se lle veu a quilla en varias ocasións. Ainda así non se dou por vencido e intentou remontar. Na segunda volta da primeira manga a Albatros , sempre p...

2ª Regata da Copa Balbina

Imaxe
Este sábado día 30 de xullo, coma sempre ás 16:30, frente á praia de Sada, segunda regata da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela. A clasificación xeral, despóis de disputada a primeira regata e cas puntuacións por asistencia á Xuntanza Patexeira e á Regata Porto de Redes queda así: CLASIFICACIÓN XERAL BARCO PUNTOS ALBATROS 24 A DESEXADA 23 OSORIO 20 LELIADOURA 15 BOAVENTURA 15 RICHI 15 A FEITUCA 10 ARREDEMO 10 ABUR 5 ALIVANTA 5 SAUNTRESS 5 Se algún barco dos que participou en Redes, participa nas demáis probas da Copa Balbina, se lle sumará a puntuación por asistencia a Redes.

Os Patexeiros na XIV Regata Porto de Redes

Imaxe
Foto Caamouco Net Este pasado sábado partían do Porto de Sada, rumbo a Redes, tres embarcacións da flota Patexeira, a dorna Boaventura tripulada por Jaime e Pepe, e A Desexada tripulada por Javier Naveira e Dolores, e a dorna Lagarta, a motor, con Ramón e Fini. Tiñamos pensado tamén levar A Feituca, pero finalmente por problemas de axenda do patrón, quedou no seu fondeo de Sada. A Lagarta iba de acompañamento e cando comenzou a regata voltou a Sada con algún problemiña no motor. A Desexada tripulada por dous novatos, ou como lle chaman na Illa, por dous "podréns", achegóuse ó campo de regatas e intentarono pero non o viron claro e ó pouco decidiron voltar ó amarre en Redes, así que finalmente só rematou a regata a dorna Boaventura, que aseguraron ó chegar que a regata fora duriña e tardaron en collerlle o puntiño. Despois de recoller os agasallos e parar un pouco por alí a catar a Estrella Galicia da outra banda da Ría de Ares, voltaron vento en popa e a toda ...

Resumo da IV Xuntanza

Imaxe
Pois xa rematou esta IV Xuntanza. Resumindo decir que houbo unha lixeira mellora na participación con respecto a anos anteriores, pero ainda así non se logrou unha aceptable participación de barcos do Golfo Ártabro, co que xa nos estamos replantexando se a organizaremos para o ano ou non Pasa o de sempre, a xente quéixase de que non se fan cousas, pero logo cando se fán, non participan nelas. Hai ducias de barcos tradicionais no Golfo Ártabro e sempre somos os mesmos os que imos ós eventos, pero qué pasa cos demáis????? Non se moven dos amarres ????? Os Patexeiros procuramos asistir ás concentracións que se fan polo Norte, e incluso baixamos ó Sur ás veces, para intentar manter viva esta estupenda afección polas embarcacións tradicionais. Sabemos que no Sur, nas Rías de Muros, Arousa, Pontevedra e Vigo, hai moita oferta de actividades, regatas, concentracións, etc... e incluso ás veces se pisan as convocatorias e todas teñen xente, pero qué nos pasa no Norte? Cada quén q...