Publicacións

Imaxe
 
 
Imaxe
 

Presentación oficial do XVI Encontro de Embarcacions tradicionais

Imaxe
       Onte presentouse oficialmente o XVI Encontro de embarcacións tradicionáis na capela de San Roque. O Acto estivo presidido pola Alcaldesa María Nogareda e o presidente de Culturma Pepe Sacau.             Pero ademáis onte os Patexeiros estivemos de celebración múltiple, xa que inauguramos a nosa exposición "15 anos de patrimonio marítmo" na Capela de San Roque, Exposición que se poderá ver ata o 31 de Marzo.       Na exposición, pódese ver unha escolma do material que temos recopilado, con pezas de museo realmente interesantes, mostras dos traballos feitos no curso de carpintaría, aparellos de pesca, maquetas, e mesmo un mini documental sobre unha carpintaría de ribeira para Realidade Virtual               O mellor e que viñades a vela, porque hai moitas mais sorpresas que haberá que descubrir alí.   E ademáis, fixemos a entrega da copa balbina, o trofeo de ...
Imaxe
  Como xa anunciamos,  o pasado día 25 participamos activamente no desfile do Entroido de Sada,  na modalidade de Carrozas, como non podía ser doutro xeito cunha temática mariñeira. Ademáis repartimos 500 octavillas entre o público asistenete para promocionar o Encontro de embarcacións.  Aquí vos deixamos unhas probas:

Os Patexeiros participaremos no Entroido de Sada

Imaxe
   Este ano, a nosa asociación participará dun xeito activo no desfile de carrozas do Entroido de Sada, onde imos levar unha embarcación tradicional e faremos recreacións de manobras a vela e artes de pesca.    Animádevos a participar na comparsa, que estará centrada na cultura mariñeira popular. Podedes vir disfrazados de redeiras, mariscadoras, peixeiras, mariñeiros... Aquí vos deixamos unhas fotos para que vaiades xa pensando o disfraz: 
Imaxe