Publicacións

Os Patexeiros volvimos á Parrocheira

Imaxe
 Onte, Os Patexeiros fomos por mar a Ferrol para participar na tradicional regata da Parrocheira no Porto de Curuxeiras. Na nosa expedición levamos os barcos O Patexo, o Canouro e o Bote de Pao , e realizamos a travesía desde Sada pola mañá, nunha ría con fondo de mar bastante notable, con ondas de 2 a 3 metros , pero as nosas embarcacións navegaron de marabilla. Durante a regata, como é habitual, volveu quedar de primeiro o Lagunak e de segundo Brais , co barco “O Neto do Osorio” , pero nós estivemos aí co Canouro , disfrutando da competición e do ambiente festivo. En calquera caso, foi unha xornada excelente , cunha navegación preciosa pola Ría de Ferrol , e unha celebración que mantén viva a tradición mariñeira do barrio de Ferrol Vello.   Este ano o Xamón non o tivo directamente o primerio clasificado, se non que foi por sorteo. E tocoulle a Brais, o segundo clasificado. Nunca estivemos mais cerca de acadar ese codiciado premio do Xamón !!!

Exito na ecoregata dos Patexeiros

Imaxe
 O pasado sábado 6 de setembro de 2025 tivo lugar en Sada a ecoregata organizada pola Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros. A xornada combinou tradición marinera e conciencia ambiental, converténdose nunha actividade de gran éxito de participación. Durante a mañá, os participantes traballaron en equipos para recoller residuos do litoral, utilizando embarcacións tradicionais como dornas, chalanas, botes e  botes de media construcción. A recollida non se limitou só a plásticos, senón que se atoparon todo tipo de obxectos curiosos e peculiares, que foron catalogados e fotografados para deixar constancia do traballo realizado. O entusiasmo dos asistentes e a colaboración de veciños e visitantes fixeron que a xornada fose un auténtico éxito. Ao rematar, todo o lixo recollido foi depositado no mini punto limpo de Sada, garantindo unha correcta xestión dos residuos e promovendo o respecto polo medio ambiente. A ecoregata de Os Patexeiros non só logrou limpar a costa, senón ta...

Os patexeiros organizamos unha Ecoregata para recollida de lixo en Sada

Imaxe
   Ao abeiro do proxecto de mantemento das nosas embarcacións tradicinais, aprobado na recente convocatoria de axudas de desenvolvemento pesqueiro e xestionada polo Golfo Artabro Sur, organizaremos o vindeiro sábado 6 unha ecoregata, con recollida de seriduos sólidos, especialmente plásticos no noso porto, escolleira e praia.  Tedes aquí as bases do concurso:   Asi que xa sabedes, enviadenos un correo se vos queredes inscribir. Entre todos e todas intentaremnos minimizar o impacto do verán no noso mar.  

Exposición a Flote en Sada

Imaxe
    Desde este verán, exponse en Sada no paseo marítimo unha pequena e representativa mostra da frota de embarcacións tradicionais da Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros.     A mostra componse de tres embarcacións, de esquerda a dereita: "Bote de Pao", "Patexo" e "Leiladoura".  O "Bote de pao" e un bote das rías altas con aparello de vela latina, propiedade de particulares pertencentes á nosa asociación. A embarcación central, o "Patexo" se trata dun bote de media construcción, tipoloxía case perdida e propia do golfo ártabro. Esta embarcación foi construida recentemente nos Asteleiros Catoira, coa axuda do GALP mediante unha subvención de Desenvolvemento pesqueiro da Xunta de Galicia. Presenta aparello de vela cangrexa e foque.  Por último a "leiladoura" e unha buceta do norte aparellada con vela latina, unha embarcación que foi feita na nosa asociación en duas citas de cursos de carpintería.  Nesta lámina de auga que...
Imaxe
 

Bogando proa ao futuro

Imaxe
 Rematado o Proxecto Ecomuseo a Flote. Polo menos a primeira fase, na que obtuvimos grazas á subvención do GALP un novo barco dunha tipoloxía a piques de desaparecer, un bote de media construcción con tres aparellos de vela tradicionais distintos, e o proxecto técnico para a posible construcción dun pantalán adicado ás nosas embarcacións tradicionais en Sada.  Agora toca esperar e a ver se nun futuro esperemos que non moi lonxano consigamos ver ese soño feito realidade.  Seguiremos bogando, proa ao futuro.

Xa remata o Proxecto Museo a Flote 2024

Imaxe
Unha estampa moi parecida a esta veremos en Sada próximamente grazas ao apoio do GALP para levar a cabo o noso proxecto de museo a Flote, que está a piques de rematar     Froito deste proxecto, construíuse un barco de media construcción, unha tipoloxía do Golfo Artabro prácticamnete extinta, quedando so un par de exmplares, que nos saibamos en Ferrol. Estes barcos tiñan a característica moi peculiar de que no fondo son de liñas curvas, coma un bote da ría, pero un pouco máis abaixo da liña de flotación arrancan cara á obra morta con pantoques verticais, coma se fora unha chalana.  Esta embarcación construiuse en Asteleiros Catoira, unha das mellores carpinterías de ribeira de Galicia en Rianxo. Agora está lista para navegar, so falta atopar unha boa data para a botadura, e a disfrutala.  Pero o Proxecto non só foi iso, foi moito máis. Elaborouse tamén un proxecto técnico para a construción dun pantalán adicado ás embarcacións tradicionáis en Sada, fronte ao paseo mar...