luns, 21 de abril de 2014

Unha voltiña por Malta

Nestes días de relax, non todo foron procesións. Mentras que eu anduven, pola miña terra e vos fun enviando novas a traveso do Facebook, a nosa compañeira Dolores achegóuse a Malta a dar unha voltiña e dende alá nos envióu unha estupenda reportaxe fotográfica que queremos compartir con todos vós.


Este pequeno país do Mediterráneo está formado por tres illas, polo tanto o uso e dependencia das embarcacións queda fora de toda dúbida.

Nestas imaxes podedes ver as formas e coloridos imperantes nese país.


Chamóunos a atención o parecido desta embarcación cos botes de Ribadeo.








Tamén o uso dos cabos e estachas, como defensas, ainda que pola nosa terra tamén o temos visto.


A reciclaxe tamén está á orde do día, non hai máis que ver o novo uso que se lle dan ós botes de Ariel como defensas.



























Se nós nos queixamos do pouco espazo que temos para traballar na nosa chabola de Lorbé, por eses lares os carpinteiros de ribeira tampouco andan moi sobrados.....


Ainda que se ven barcos bastante bonitos, tamén hai algúns donde o deseño hidrodinámico non primou demasiado.

Unha preciosa reportaxe que nos sirveu para coñecer un pouquiño a cultura marítima deste pequeno país.



Grazas, Dolores.

Palmeirán

luns, 14 de abril de 2014

Empezando a pintar

Tres patexeiros  estivemos por Lorbé traballando na buceta este sábado.


Empezamos Moncho e máis eu, dándolle unha lixada fina a todo o casco que tiña o pelo levantado despóis das aplicacións do Xylamón fondo protector.


Fixemos unha pasta con masilla mixturada con Silver para tapar as xuntas co alefriz da quilla, e en canto secou púxémonos a darlle unha man de Silver á obra viva.

Ó mediodía apareceu Dolores e botou unha man.

Para a obra morta, tras varias consultas, e visto o "secretismo" que hai ó respecto, decidímonos por unha solución que xa tiñamos en mente e que tamén nos recomendaron os amigos do Lajareu.


A primeira man se lle vai a dar íntegra en alquitrán vexetal.


Cando cheguemos á segunda man, xa vos informaremos no seu momento.

"Palmeirán"

luns, 7 de abril de 2014

Volteando os barcos

Este pasado sábado en Lorbé, xuntámonos varios patexeiros co obxectivo de voltear a buceta para poder traballar cómodamente pola obra viva.


Entre 14 máns démoslle a volta e puxémola quilla arriba.

Logo, xa que estábamos, achegámonos a Bergondo para facer a mesma operación co Arredemo, que está na casa de Miguel, e ó que se lle vai poñer un quillote para facelo un pouquiño máis estable e que derive menos.

Despóis das manobras voltamos a Lorbé e mentras uns foron marchando, Moncho, Dolores e máis eu quedamos ata a tardiña facendo varias operacións na buceta.


Rematamos de lixala polo casco e aspirámola.


Logo procedemos a marcar a liña de flotación utilizando o procedemento que nos ensinaron os vellos de Lorbé: marcar un punto na roda e outro no codaste e unilos na distancia utilizando unha vara. (neste caso unha táboa que usamos para anunciar a lotaría de fai dous anos).


Unha persoa bótalle o ollo á vara mentras outro vai marcando uns puntos no casco seguindo as instruccións do olleador.

Logo, cun listón vanse unindo os puntos, dando como resultado a líña que marcará a división da obra viva coa morta.

Por suposto, o primeiro cálculo é estimativo, xa que ainda non sabemos xusto o que calará cando esté enchoupada de auga e en orde de navegación, polo que para facer as marcas na roda e codaste deixámonos guiar polo mestre carpinteiro que foi o que nolos marcou.


Logo se hai que subila máis será cuestión de darlle uns centímetros para arriba.


Despóis de marcada, dóuselle unha man de Xylamón fondo protector.


Pola semán daráselle outra man e a deixaremos lista para aplicarlle o Silver na obra viva.

Palmeirán.

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: ospatexeiros@gmail.com ou infórmate na nosa web: www.patexeiros.org