venres, 4 de setembro de 2020

VIII Curso de carpintaría de ribeira

 


 Un ano máis, e xa van unha chea deles, voltamos a convocar unha nova edición dos nosos xa recoñecidos Cursos de carpintaría de ribeira.

Como nos últimos anos, en formato curto, onde se verán nocións de construcción, quitar cuadernas dende un taboleiro de planos, frasquiar, facer reparacións básicas nunha embarcación tradicional de madeira, etc...

Coma sempre terá lugar os sábados pola mañán ó longo de 6 sábados.

Curso impartido por carpinteiro de ribeira profesional.

Para máis información contactade cos teléfonos que vedes no cartaz ou a traveso do noso mail ospatexeiros@gmail.com 

VIII CURSO CARPINTARIA RIBEIRA -FOTOS-

martes, 1 de setembro de 2020

Continuamos facendo cursos de navegación neste mes.

 E tamén neste mes de agosto, seguimos cos paseos, bautismos de mar e cursos de navegación.

 


Moitos máis amig@s participaron ó longo deste mes.

 


Un millón de grazas a tod@s os que participáchedes. Esperamos que desfrutárades destas xornadas.

 

 


A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: ospatexeiros@gmail.com ou infórmate na nosa web: www.patexeiros.org