Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2019

RUMBO ÁRTABRO

Imaxe
Esta semán levaremos adiante a I Travesía/Regata Rumbo Ártabro., de agora en diante Rumbo Ártabro. Rumbo Ártabro é un evento deportivo e social que ten como obxectivo principal poñer en valor as embarcacións tradicionais de todo o Golfo Ártabro. Dito evento será organizado pola ASOCIACIÓN CULTURAL MARIÑEIRA OS PATEXEIROS, de Sada, ca colaboración do CLUB DO MAR DE FERROL, CLUB NÁUTICO DE ARES, CLUB MARÍTIMO DE PERBES e PORTA DA VILA de Betanzos. A proba consistirá nunha navegación por etapas discurrindo polas rías de Ferrol, Ares e  Bentanzos, o denominado como Golfo Ártabro. Lugar e datas: Data Navegación Saída Chegada Millas aprox. 1ª Etapa Mércores 14 de agosto do Porto base – Ferrol 17:00 10,7 Nm 2ª Etapa Xoves 15 de agosto Ferrol – Ares 12:00 17:00 8,9 Nm 3ª Etapa Venres 16 de agosto Ares – Perbes – Sada 12:00 19:00 8,0 Nm

Regata de embarcacións tradicionais de Ares.

Imaxe
O pasado sábado, día 3, tivo lugar nas augas de Ares a Regaata de embarcacións tradicionais de Ares, Memorial José Antonio Zárate. Alí se dispoñen a acudir tres barcos da flota patexeira, a Reina dende o mesmo Ares, o Canouro dende Sada e a Halina dende Lorbé. Ás 12, o Canouro tiña todo listo para sair rumbo a Ares, bueno, todo todo non, xa que a maréa non a poden controlar e teñen que esperar ata as 2 da tarde para poder sair do fango. A espera foi productiva, xa que limpando as boias, toparon con este polizón. Ás 2 da tarde deron saído do fondeo de Sada e nunha horiña estaban en Ares. A dorna Halina saeu tarde de Lorbé, esperando pola tripulación, e non lles dou tempo a chegar a Ares. Iso si, pasárono moi ben a bordo E ademáis  na ruta tamén tiveron premio.. Ás 17:30 douse saída puntual á proba. Mar algo picado pero cun ventiño axeitado, ainda que os grandes barcos pedían máis. Claro, eles poden.... O campo de regatas estaba moi ben marcado e informado.