A última regata en Sada
E Xa pasou o verán. Ou polo menos poucos foguetes quedan por botar. A serie das catro regatas cooorganizadas co C.N Recreativo xa remataros por esta tempada. O Pasado dia 22, celebramo-la última, cun tempo excelente e moi boa participación. Desta, os de Redes non puideron vir, por teren unha festa alá, o desembarco Pirata. Os que sí nos visitaron foron os amigos Da Coruña co seu precioso "Punta Pregueira", un galoón de 8 metros de eslora que veu a Sada e participou na regata. Tan Só falta a "Parrocheira" de Ferrol coma proba puntuable, pero matemáticamente xa hai vencedor da Copa Patexeiros 2009: PEPE DO "O SORIO" de Ares. A verdade e que foi lider durante toda a competición, e no tramo final non ía ser menos. Parabens a Pepe, e en xeral a todos os participantes que dun xeito ou outro foron puntuando. velahí podedes ver a clasificación de todas as regatas, faltando tan só os 3 puntos dos que participen na Parrocheira de Ferrol. http://sites.google.com/si...