Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2014

Varada dos barcos

Imaxe
Este sábado empezamos a varada invernal dos barcos da flota patexeira. A maréa era moi viva. O mar casi chegaba ó final da rampa e os barcos asomaban pola rasante de estrada. En primeiro lugar tocóulle á Desexada, á que pola mañán desarbolamos na rampa de Sada. Limpámola un pouco das barbas que tiña e a subimos para arriba usando uns roletes, ó modo tradicional. Deixámola a carón do Arredemo. Como non había maréa suficiente, a Feituca quedou pendente de varar ata o vindeiro sábado. Mentras unha parte do equipo cubría a Desexada eu acheguéime á Leliadoura para valdeala e limpala un pouquiño. Pola tarde tocóulle o turno á dorna Lala que saiu de Sada ás 11 da mañán sen casi vento ningún e chegou a Lorbé sobre as 5 da tarde, despois dunha travesía de 6 horas e 7 xardas tomadas. Subímola pola rampa mala, que está chea de baches e quedou fronte ó local patexeiro para ir traballando nela durante o inverno. Tamén pola tarde subimos un barco de plást

Unha pequena delegación dos Patexeiros no Festival Marea Alta da Coruña

Imaxe
Nestes dias, vense celebrando na Coruña o Festival Marea Alta, que conta entre outras cousas cunha marabillosa exposición Skeleton Sea dos artistas, Joao Parrinha e Xandi Kreuzeder, e que esta composta de increíbles esculturas integramente feitas con lixo non biodegredable atopado nas praias. No marco desta iniciativa artística celebrouse  un obradoiro artístico para cativos, tamén co mesmo sentido, tratando de converter lixo atopado nas praias en pequenas obras de arte. E Así foi, e alá fumos unha pequena delegación patexeira cos dous dos socios mais novos, a participar activamente nesta marabillosa iniciativa De xeito que ate o 2 de Novembro estas pequenas obras de arte poderan ser vistas na Exposición no recinto de PALEXCO. Persoalmente penso que paga moito a pena ver esta Mostra. E unha destas exposicións que marcan un antes e un despois no visitante, destas que fan reflexionar sobre qué estamos a facer con noso planeta. Xa o sabiamos, clar