luns, 26 de abril de 2010

Segunda xornada de cursiño

Bueno, por motivos de sobrecarga de traballo, o noso Presi non ten tempo de ir actualizando o blog, así que lle tomo o relevo.


Empezamos pola mañán Ana, Miguel e Palmeirán facendo exercicios de quencemento rascando o casco da Balbina. Hoxe, Pepe recomendóunos usar a radial. Fixémoslle caso, a experiencia é un grado, xa sabedes.

E alí estivemos, Ana, que nos iba sacando o máis gordo ca rasqueta e logo Miguel e eu con cadansúa radial. Adiantamos moito, casi acabamos a banda de babor, e fixemos toda a amura de estribor.

Quédanos pendente a popa e o resto da banda de estribor.

A ver se ó longo da dúas vindeiras semáns lle imos dando caña.

Pola tarde empezamos a segunda xornada do cursiño. Hoxe faltaron tres dos alumnos por compromisos xa anunciados. Pero o resto do asistentes seguimos de novo con moito interés as explicacións dos mestres.




Neste 2º día David trouxo un microscopio para ver as estructuras celulares das distintas madeiras.


Pepe explicóunos como nacía un bote, dende o mesmo tableiro de planos, explicounos como nacían e como se usaban as plantillas e como se ían trasladando ó bote. Moi interesante todo o procedementeo. E xa sabemos que non imos a sair de aquí aprendendo a facer botes, pero sí nos sirve para ver a metodoloxía do traballo. Aprendemos o que era a línea de cruxía, as líñas de augas, etc..

Aprendemos a composición das cadernas, coas baregas e genoles, e vimos como lle había que dar as caídas ás varengas e os genoles para que logo asenten os bances, e como tamén ó interior dos bances os hay que desbastar cun cepillo moi peculiar, para que asenten nas cadernas. Ese cepillo que tén Pepe é "made in feito na casa".




Participamos en sacar un bance dende o tablón de madeira e vendo como se colocaba no bote.

No apartado de prácticas dedicámonos ó cepillado, usando tanto a garlopa como distintos cepillos, e incluso cepillamos algúns bances.





Logo, durante a hora da merenda, aproveitando a presencia de dous lobos de mar nas portas do taller, recibimos por parte deles unhas clases particulares de como facer estrobos e gazas. E alí nos puxemos todos a practicar con cachos de cabo. E todos conseguimos facer varios estrobos e gazas. Aparte nos contaron como navegaban eles a vela, en botes máis pequenos que os que estábamos vendo, e como saían ata os caladeiros frente a cabo Prior e outras marcas.

Dá gusto Estas experiencias, ter a posibilidade de que xente que o viveu nos conte como navegaban antíguamente. A verdade e que o Asteleiro de Pepe, pódese decir que é como unha Academia, como unha Universidade do Mar. Sempre hai mestres dispostos a explicarche como se navegaba, como se faenaba, etc.




Logo saímos ó exterior do taller e sobre o noso bote Arrecarallo, pendente de reparar, vimos cómo se evalúa un bote para ver se compensa arranxalo, no que se hai que fixar para ver o que hai que cambiar, etc...

Posteriormente desplazámonos á cuberta do noso barco nodríza, a Balbina, para ver o motor, o famoso Larrán de arranque a mechas, examinar o interior, dónde comprobamos que temos varios polizóns a bordo, unha gata cunha camada de gatiños. Eu propoño que cando teñamos pintado o casco, se pinten nas amuras de proa unha familia de gatos.

E así foi rematando a xornada de hoxe. Máis variada e dinámica quizás que a da semana anterior.

Vémonos de novo o vindeiro sábado 8 de maio xa que o sábado 1 é festivo.

by Palmeirán

mércores, 21 de abril de 2010

Xa empezamos o cursiño


Este ano, ainda non probamos o mar, pero xa estamos a desenrolar actividades.


Como sabedes, o pasado sábado comenzou o noso primeiro cursiño de carpintería tradicional no carpinteiro, e parece que está a ser un éxito de participación e de contidos.

Pepe, que ven sendo o noso "carpinteiro de cabeceira", (ou de familia, como se chama agora), buscou un colabourador que lle axudara a explicar a teoría, David, que nos demostruo o moitísimo que sabe cunha clase maxistral sobre ferramenta, a sua composición, afiado, etc, que quedamos abraiados.

Cando algo non apareza na Wikipedia, preguntádelle a David, seguro que o sabe.


Ademias, houbo bo humor e moitas, moitísimas ganas dos participantes nesta primeira toma de contacto. Podedes ver no noso album as fotos da xornada (buscade por ahí pola esquerda o noso album de fotos)


Para o seguinte sábado, temos previstos meternos xa con cousas mais serias, e aparte de seguir a rascar na Balbina, queremos empezar a restaurar o bote no propoio cursiño.


Moitísimas gracias a todos os participantes e aos que fixéchedes que este cursiño puidera ser unha realidade.


by Palmeirán





A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com