Segunda xornada de cursiño

Bueno, por motivos de sobrecarga de traballo, o noso Presi non ten tempo de ir actualizando o blog, así que lle tomo o relevo.


Empezamos pola mañán Ana, Miguel e Palmeirán facendo exercicios de quencemento rascando o casco da Balbina. Hoxe, Pepe recomendóunos usar a radial. Fixémoslle caso, a experiencia é un grado, xa sabedes.

E alí estivemos, Ana, que nos iba sacando o máis gordo ca rasqueta e logo Miguel e eu con cadansúa radial. Adiantamos moito, casi acabamos a banda de babor, e fixemos toda a amura de estribor.

Quédanos pendente a popa e o resto da banda de estribor.

A ver se ó longo da dúas vindeiras semáns lle imos dando caña.

Pola tarde empezamos a segunda xornada do cursiño. Hoxe faltaron tres dos alumnos por compromisos xa anunciados. Pero o resto do asistentes seguimos de novo con moito interés as explicacións dos mestres.




Neste 2º día David trouxo un microscopio para ver as estructuras celulares das distintas madeiras.


Pepe explicóunos como nacía un bote, dende o mesmo tableiro de planos, explicounos como nacían e como se usaban as plantillas e como se ían trasladando ó bote. Moi interesante todo o procedementeo. E xa sabemos que non imos a sair de aquí aprendendo a facer botes, pero sí nos sirve para ver a metodoloxía do traballo. Aprendemos o que era a línea de cruxía, as líñas de augas, etc..

Aprendemos a composición das cadernas, coas baregas e genoles, e vimos como lle había que dar as caídas ás varengas e os genoles para que logo asenten os bances, e como tamén ó interior dos bances os hay que desbastar cun cepillo moi peculiar, para que asenten nas cadernas. Ese cepillo que tén Pepe é "made in feito na casa".




Participamos en sacar un bance dende o tablón de madeira e vendo como se colocaba no bote.

No apartado de prácticas dedicámonos ó cepillado, usando tanto a garlopa como distintos cepillos, e incluso cepillamos algúns bances.





Logo, durante a hora da merenda, aproveitando a presencia de dous lobos de mar nas portas do taller, recibimos por parte deles unhas clases particulares de como facer estrobos e gazas. E alí nos puxemos todos a practicar con cachos de cabo. E todos conseguimos facer varios estrobos e gazas. Aparte nos contaron como navegaban eles a vela, en botes máis pequenos que os que estábamos vendo, e como saían ata os caladeiros frente a cabo Prior e outras marcas.

Dá gusto Estas experiencias, ter a posibilidade de que xente que o viveu nos conte como navegaban antíguamente. A verdade e que o Asteleiro de Pepe, pódese decir que é como unha Academia, como unha Universidade do Mar. Sempre hai mestres dispostos a explicarche como se navegaba, como se faenaba, etc.




Logo saímos ó exterior do taller e sobre o noso bote Arrecarallo, pendente de reparar, vimos cómo se evalúa un bote para ver se compensa arranxalo, no que se hai que fixar para ver o que hai que cambiar, etc...

Posteriormente desplazámonos á cuberta do noso barco nodríza, a Balbina, para ver o motor, o famoso Larrán de arranque a mechas, examinar o interior, dónde comprobamos que temos varios polizóns a bordo, unha gata cunha camada de gatiños. Eu propoño que cando teñamos pintado o casco, se pinten nas amuras de proa unha familia de gatos.

E así foi rematando a xornada de hoxe. Máis variada e dinámica quizás que a da semana anterior.

Vémonos de novo o vindeiro sábado 8 de maio xa que o sábado 1 é festivo.

by Palmeirán

Comentarios