venres, 31 de xullo de 2009

Concentración Na Coruña

Este sábado dia 1 , celebrarase a IV Concentración de embarcacions tradicionais da Coruña, organizada pola Asociación de Amigos das Embarcacions Tradicionais de Galicia, e en colabouración co Club Marítimo de Oza - O Puntal.

O ano pasado tamén fumos, pasando A Marola por mar, e obtendo así o título honorífico de "mariñeiro"("Quen pasou a Marola pasou a mar toda"). Pero este ano a viaxe será por terra, por problemas de tempo. Do tempo que marcan os reloxos e o que marcan os barómetros.

En calqueira caso, e habendo churrasco para os participantes, o éxito está garantido. Escoitei unha vez un comentario, sobre que no escudo de Galicia deberian quitar a copa esa, ou algunha vieira e meterlle ahí unha tira de churrasco cuns criollos. E eses pimentiños, e ese tinto...

Mañan andaremos por alá, e a ver se o tempo nos permite nevegar algo.

Parabens, un ano mais os amigos Da Coruña, que xa levan con esta a IV Edición dunha concentración que vai a mais ano tras ano.

martes, 28 de xullo de 2009

Exito da segunda regata da Copa "Patexeiros"


Así foi, o pasado dia 25, un Sábado festivo non só pola data senon polo bo tempo que fixo, pasámolo ecuador da nosa competición e xa celebramos a segunda das catro regatas programadas para este verán.
Asistimos seis barcos, catro de Ares e dous de Sada, dos Patexeiros. Non puidemos repetir o éxito da regata de Redes, onde quedamos pola mitade, e aquí ocupamos a 5 e 6 praza. E mellor dicilo así que último e penúltimo.
O que si repetimos foi a manga, un Barlo-sota que tal e como estaba o dia foi para repetir, así que desta vez hai que sumar 6 puntos na clasificación xeral para os vencedores das mangas.
E ademais de competir, fixemos unha pequena "xornada de portas abertas", xa que socios do Clube Recreativo se atreveron a probar a vela latina.
Esperemos que para a seguinte , que e o dia 8 as 5 da tarde, vos animedes todos os que poidades a vir. Para esa, a ver se podemos facer duas mangas, tamén e incluso repartir unha "gaseosas" entre manga e manga.
En canto poidamos, actualizaremos a clasificación na folla Excell da páxina, pero de momento, ahí vai o resultado destas duas mangas do dia 25:
1ª Manga:
1- "Osorio" (Bote Latina e foque). C.N. Ares
2- "Arxil"(Bote Latina e foque) C.N. Ares
3- "Alivanta" (Bote de Ribadeo) C.N. Ares
4.- "Teresa" (Dorna con cangrexa e foque) C.N. Ares
5- "Arredemo" (Bote polbeiro) A.C. Os Patexeiros
6- "Boaventura"(Dorna con vela de relinga) A.C. Os Patexeiros
2ª Manga:

1.- "Teresa"
2- "Osorio"
3- "Alivanta"
4- "Arxil
5- "Arredemo"
6- "Boaventura"(DNF)
Coma sempre, lembraremos que realmente o importante e participar, e xa sabedes que o vindeiro sábado será a concentración da A.A.E.T.G, os nosos amigos do Galeón "Punta Pragueira" e a buceta "Punta Fiateira", na Coruña, No C.M. O Puntal, na praia de Oza, así que para o que se anime a ir a participar por alá, tamén sumará outros 3 puntiños para a clasificación da Copa.
Así que xa que non podemos ganarlles ós de Ares por velocidade.. ¿que tal se o intentamos por perseverancia?

mércores, 22 de xullo de 2009

Bo papel dos Patexeiros na regata de Redes

O mal tempo do sábado pasado estivo a piques de botar por terra a regata "Porto de Redes", que un ano mais organizou maravillosamente, coma sempre o Clube marítimo de Redes.
Os Patexeiros fumos con toda a nosa flota e a buceta da Coruña, a "Punta Fiateira". Como debe ser, por mar, nada de estradas e remolques, e nunha hora xa estabamos en Redes. Martiño e Pepe, na dorna "Boaventura", que a pesar do escaso vento chegaron a Redes a vela, Francisco timoneando a buceta de remolque, e eu no Arredemo a motor.


Xa na hora da sardiñada, empezou a chover, e a cousa parece que pintaba mal....Pero parece que os deuses se apiadaron de todos nós, e fixeron que parara o orballo sobre as 5 da tarde, hora da saída. Pandora quedouse un poco durmida na siesta (despois dunha estupenda sardiñada e normal), e non nos quería botar vento suficiente para empezar a regata, que foise aplazando cun ultimatum: SE AS 6 DA TARDE NON HAI VENTO NINGÚN, FAISE A REMO.
Pero apareceu unha leve brisa de Noroeste as 6 menos cuarto. Xusto a tempo. Así que nin remo nin ningún outro sucedaneo, regata a vela.


A saída etivo moi concurrida, e digamos que foi "en bloque". tomáronna nada mais e nada menos que 25 barcos, e o Arredemo, patroneado por Jaime, dos primeiros.


Co escaso vento que había, compría fiar moi fino para non perder nin un chisco de velocidade, escorando os barcos e mesmo mollándose o cú nos corredores. E así nos mantivemos os Patexeiros nos postos intermedios case toda a regata.


O percorrido foi de duas voltas, e non houbo demasiados cambios nas posicions. Na segunda volta, a Dorna de Pepe e Martiño nos alcanzou e nos adiantou. A Buceta, na que embarcarom Moncho (da AAETG da Coruña), Francisco (Dos Patexeiros) e Suso e Marcos (Da A.C.Lajareu por Barlovento, de Riveira) , seguiunos ahí toda a proba, a piques de nos dar caza, ainda que o final non alcanzou ó Arredemo.



E mais ou menos así foi como entramos, Coa dorna "Boaventura" no posto 12, o Arredemo no 14, e a buceta no 16. Un estupendo papel, tendo en conta que o ano pasado quedamos de posto 34. Xa parecía que nos quitaramos de enriba ese costume de meter a pata, de chegar de últimos, de rachar o barco... desta vez, SIIIIIIIII.
Pois non. o final, o despiste parece que nos persigue. Resulta que o final adiantaramos o "Masmadera", un bote de Ribadeo, que nos dera caza. E o Jaime emocionouse tanto con adiantalo de novo no derradeiro borbo, que só pensaba nunha cousa cando o tiña xusto na popa: Escoitar o sinal da bocina do barco do comité. o "Masmadera" ibanos alcanzar, e ahí estaba o barco do comité, e.... PIIIIIIIIII soa a esperada bocina.
Daquela, o Jaime solta a cana, e nos poñemos a saltar por esa fazaña deportiva sen precedente non Patexeiros, e incluso falouse de botarse a auga, coma se gañásemos unha medalla de bronce.
A ledicia, saltou dun barco para outro cado se escoita do barco do comité: "que facedes, que o pitido non era por vós....". Nese intre, a sotavento tiñamos a dorna de Pepe, que nos rebasara, e era por eles. Así que o "Masmadera" pasounos nun par de metros antes da liña de meta.
Teño visto ver xente ríndose, pero tanto coma esa tripulación no momento que lle tocaban a bocina, poucas. O caso que non quedamos daquela de 13, senón de 14. Coma di Jaime, moito mellor, que iso do 13... non vaia a ser o demo...
Damos as gracias a organización desta regata e desta festa por faceren as cousas tan ben e conseguir ano tras ano un éxito rotundo.
Unha aperta desde o seu sur










xoves, 16 de xullo de 2009

Muros na Popa, Redes en Proa

Xa rematou o IX encontro, e quedamos encantados co trato da organización e da xente de Muros. Que preciosidade de vila, e cómo se volcou co Encontro de embarcacions. Parabens ós organizadores, que a verdade e que fixeron un traballo exemplar. E iso se nota. Cando todo sae ben, e porque houbo moitísimas horas de traballo detrás, ainda que as veces non sexa doado notalo.
Tamén as casualidades parecen estar as veces perfectamente organizadas. Coma no festival de Brest, no máxico momento da derradeira noite, cando un golfiño acompañounos ós amarres no desfile nocturno das embarcacions galegas, como neste encontro, onde o tempo foi excepcional, nublándose xa o derradeiro dia, coma se a vila chorara cun orballo a clausura do Encontro.

Os que alí estivemos, penso que nunca poderemos esquecer esta fermosísima travesía "proa ó monte Louro" do sábado a tarde. Foi sinxelamente algo espectacular.





Pero Muros quedou na Popa, e agora por Proa, vemos xa a VII edición da regata "Porto de Redes", unha das mais fermosas e carismáticas de toda Galicia. Na edición pasada houbo 34 embarcacions de vela tradicional. Como todos os anos, sardiñada a medio dia e churrasco para a cea. E logo concertos e festa.

Téñovos que advertir que esta regata - festa e perigosa, moi perigosa, así que pensadeo ben antes de ir ou non. O digo porque pode ser que se alguén ten algunha dúbida sobre se quere aficionarse a navegación tradicional, ou se está pensando en mercar un barco de madeira.... Coidado cor ir a Redes: QUEDARÁ COMPLETAMENTE ENGANCHADO E NON HABERA VOLTA ATRAS.

Os patexeiros, sairemos de Sada o Sábado as 11 da mañán, coa dorNa de Pepe, a "Boaventura", o bote de Francisco "Galeón", a buceta da asociación de Coruña "Punta Fiateira" e o incondicional "Arredemo".

Espero que vos animedes todos a ir, de tripulantes ou de visitantes, porque a verdade que unha festa con tanto encanto coma esta e difícil de atopar.

E tamén espero que os de Sada melloremos o noso "palmarés deportivo": o ano pasado co "Arredemo" quedamos de 34 na regata.

Ahí tedes o link para mais información:

http://www.caamouco.net/portal/cmr-portada/513-vii-regata-de-embarcacions-tradicionais-qporto-de-redesq


venres, 3 de xullo de 2009

Nos Vamos a Muros

Xa está a punto de comenzar a grande cita, o IX ENCONTRO DE EMBARCACIONS TRADICIONAIS DE GALICIA, en Muros, e nos non poderiamos faltar. Por fin, desta edición, Sada vai estar representada no encontro pola nosa asociación cun barco. Algo e algo. Xa non vamos de prestado, xa temos a nosa identidade e algún representante, a nosa bandeira e esperemos que a nosa voz.

Hoxe pola mañán aparecía este barco que vedes ahí na foto fondeado na ria. Supoño que ser a "Recouvrance" ou algún barco parecido. O caso e que e francés. Non se aprecian moito os detalles, porque a foto está feita con moito zoom. Supoño que ira o encontro de Muros.


Xa sabedes, vémonos alá en Muros, e alá estaremos desde o sábado 4 para calqueira cousa.


Por certo, que inauguramos a nosa sección de "merche e daisin", e dicir, que vendemos as camisetas (10 € ) e as cuncas para o caldo (5€). As camisetas, con tallas desde a XS ate a XL son deseño orixinal de Nacho Baamonde, pintor, gravador e debuxante coruñés, cun xa abultado curriculum, todo un luxo para nós, e as cuncas son feitas en Buño, pero a man, coma sempre co torno de alfareiro e nada de moldes (coma as que podedes ver nos centros comercias que teñen as aristas en ángulo). E próximamente bandeiras, en negro , de 35 X 50 cm e co mesmo deseño ca as camisetas.


Para calqueira cousa, ala estaremos. Desezxámoslle desde aquí o maior exito acadable para a organización do festival.
A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: ospatexeiros@gmail.com ou infórmate na nosa web: www.patexeiros.org