Nos Vamos a Muros

Xa está a punto de comenzar a grande cita, o IX ENCONTRO DE EMBARCACIONS TRADICIONAIS DE GALICIA, en Muros, e nos non poderiamos faltar. Por fin, desta edición, Sada vai estar representada no encontro pola nosa asociación cun barco. Algo e algo. Xa non vamos de prestado, xa temos a nosa identidade e algún representante, a nosa bandeira e esperemos que a nosa voz.

Hoxe pola mañán aparecía este barco que vedes ahí na foto fondeado na ria. Supoño que ser a "Recouvrance" ou algún barco parecido. O caso e que e francés. Non se aprecian moito os detalles, porque a foto está feita con moito zoom. Supoño que ira o encontro de Muros.


Xa sabedes, vémonos alá en Muros, e alá estaremos desde o sábado 4 para calqueira cousa.


Por certo, que inauguramos a nosa sección de "merche e daisin", e dicir, que vendemos as camisetas (10 € ) e as cuncas para o caldo (5€). As camisetas, con tallas desde a XS ate a XL son deseño orixinal de Nacho Baamonde, pintor, gravador e debuxante coruñés, cun xa abultado curriculum, todo un luxo para nós, e as cuncas son feitas en Buño, pero a man, coma sempre co torno de alfareiro e nada de moldes (coma as que podedes ver nos centros comercias que teñen as aristas en ángulo). E próximamente bandeiras, en negro , de 35 X 50 cm e co mesmo deseño ca as camisetas.


Para calqueira cousa, ala estaremos. Desezxámoslle desde aquí o maior exito acadable para a organización do festival.

Comentarios

  1. Pasámolo ben en Muros, a navegación do sábado e coincidir con vós polo menos un anaco foi todo un pracer. Lástima de tempo do domingo á mañán.
    Saudos dende este lado da ría.
    webmaster@caamouco.net

    ResponderEliminar
  2. Hola son Branda. Non che son moi blogueiro nen moi mariñeiro, pero por favor avísame cando vos xuntedes. brandapinta@yahoo.es, ou no tlf. 679 841 310. graciñas.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

Publicacións populares deste blog