mércores, 11 de xullo de 2018

VI Xuntanza Patexeira





Un ano máis celebramos esta fin de semán, coincidindo cas Festas do Carme de Sada, a VI Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais.

Trae o teu barco e sal a navegar e cambiar impresións con nós.

Comida-pinchada para os participantes.

sábado, 7 de xullo de 2018

Navega cos Patexeiros


Este verán disfruta de novas experiencias nas augas da Ría de Ares, Betanzos e Sada.

Navega nunha embarcación tradicional e disfruta dun entorno único dende o mar.

Quéres aprender a navegar nun barco tradicional? : Apúntate a un curso de vela dunha semán de duración impartido por monitores expertos titulados.

Quéres dar un paseo pola ria?: Pois tamén podes.

Nunca foches nun barco e queres sair a dar unha volta a ver se che gusta?: Igualmente o podes facer.

Que se sentirá navegando de noite pola ría?: Pois agora podes sabelo da man dos Patexeiros.

Non dubides en contactar por tel, whatsapp ou correo electrónico.

Desfruta do verán!!!
A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: ospatexeiros@gmail.com ou infórmate na nosa web: www.patexeiros.org