Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2011

Segunda Sesión das Xornadas de Posta en Valor do Patrimonio Cultural Marítimo

Imaxe
Se o primeiro día lles tocou ó C.N. Punta Bufadoiro facer de anfitrións na presentación das Xornadas, nesta ocasión tocóunos ós Patexeiros. E como AINDA NON TEMOS LOCAL , e haino que decir ben alto, a ver se as entidades ás que llo solicitamos en reiteradas ocasións se dan por aludidas, leva mos a cabo estas Xornadas na Carpintaría Lorbé que nos cedeu Pepe ó longo da mañán, e a bordo do barco Ría de Ferrol que amablemente nos trouxeron os amigos do Clube do Mar de Ferrol. Entre os asistentes atopábanse, como organizadores e colaboradores, o tenente de Alcalde de Oleiros, o xerente do GAC2, representantes de Caixal Proxectos, o presidente do C.N. Punta Bufadoiro, representantes do Clube do Mar de Ferrol e representantes dos Patexeiros. Nesta ocasión xuntáronse algo máis de 20 persoas para escoitar de boca de Pepe e David, que é unha carpintaría de ribeira, como son as madeiras, como nace un barco, que hai que facer se queremos construir un, e varias cousas máis. Os asistentes, como

Primeira sesión das Xornadas de Posta en Valor do Patrimonio Cultural Marítimo

Imaxe
Cunha puntualidade casi inglesa celebróuse na Casa Labarta de Mera a primeira sesión das Xornadas de Posta en Valor do Patrimonio Cultural Marítimo no Golfo Ártabro. Máis de 30 persoas acudiron á Xornada, organizada polo GAC do Golfo Ártabro en colabouración co C.N. Punta Bufadoiro de Mera e a A.C.M. Os Patexeiros. O salón de actos da Casa Labarta rexistraba casi un cheo total. No acto de apertura estiveron presentes o Tenente de Alcalde do Concello de Oleiros, o Xerente do Grupo de Acción Costeira do Golfo Ártabro, o presidente do C.N. Punta Bufadoiro, e o presidente dos Patexeiros. Tras unha breve introducción do Tenente de Alcalde agradecendo a organización destas xornadas ó GAC e ás Asociacións colabouradoras, douse paso á presentación das Asociacións. Miguel, en nome dos Patexeiros, fixo unha presentación moi amena da nosa Asociación, inicios, fins que persegue, actividades que desenrola, flota, e pechando, como non cunha reivindicación dun espazo para o Patrimonio Marítimo, par

Xornadas de posta en valor do patrimonio cultural marítimo do Golfo Artabro.

Imaxe
Ó fin chegou o día no que os Patexeiros podemos ofrecer algo grátis. Grátis e interesante, claro , porque por exemplo tampouco cobramos nada por ir rascar a Balbina e iso tamén e grátis pero non tan proveitoso. En colabouración co Clube nautico Punta Bufadoiro de Mera e Proxectos Culturais Caixal, temos organizadas unhas xornadas nas que esperamos sensibilizar aos asistintes sobre a importancia que ten a conservación do noso patrimonio marítimo a traves de actividades coma a conservación e rehabilitación de embarcacións tradicionais e o uso que posteriormente se lles dea. Tamén hai que comentar a colabouración do G.A.C., (que non é, por se vos preguntades, unha marca de bicicletas). Xa van explicar alá o que é. Podedes descargar o programa, o Diptico e mais o cartel indo ahí na esquerda a DESCARGAS - DESCARGAS PUBLICAS - e dentro de REGATAS E OUTROS EVENTOS veredes os PDF que vos podedes descargar con toda a información. Ou ben accedendo directamente nestas ligazons: CARTEL: https://do