Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2017

O 30 de setembro remata a IX Edición da Copa Balbina

Imaxe
Recordade que a finais deste mes, o sábado día 30 de setembro, remata a IX edición da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela. A Copa está en xogo, a clasificación moi apretada. Quén gañara este ano ???????

Ruta de sendeirismo costeiro. Sada-Lorbé

Imaxe

II Concentración de Embarcacións Tradicionais de Betanzos.

Imaxe
O pasado sábado 2 de setembro, organizamos a II Concentración de Embarcacións Tradicionais de Betanzos. Unha cita que empezou sendo coorganizada o ano pasado en plan quedada por Barcos Tradicionais de Galicia, o C.N.de Ares e Os Patexeiros. Este ano, Os Patexeiros asumimos a organización do evento, comandados polo anfitrión Javi Naveira, e incluímola no calendario de Culturmar (FGCMF) e tamén puntuable por asistencia para a Copa Balbina. Só sete embarcacións nos decidimos este ano a facer a subida dos ríos Mero e Mandeo dende a súa desembocadura no Pedrido ata o porto vello de Betanzos. O galeón Punta Pragueira saía do Porto da Coruña xa pola mañán cedo. A flota patexeira conformada por A Desexada, Boaventura, Canouro e Leliadoura saía de Sada sobre as 12:30, cun pequeno retraso sobre o horario previsto. De Ares saeu o Osorio, e do porto de Miño tamén saeu outro barco patexeiro, o bote Mendo do compañeiro Vicente. Sen vento ningún, calma podre, houbo que facer uso do