Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2014

COMENZA A VI EDICIÓN DA COPA BALBINA

Imaxe
EXTRACTO DO REGULAMENTO DA PROBA Calendario: 1ª Proba: Sábado 28 de Xuño 2ª Proba: Sábado 26 de Xullo 3ª Proba: Sábado 30 de Agosto 4ª Proba: Sábado 27 de Setembro Proba Extraordinaria puntuable: Este ano puntuará tamén para a Copa Balbina a Regata de Perbes Gran premio de Embarcacións Tradicionais “Homenaxe os carpinteiros de ribeira” Organizada polo Club Marítimo de Perbes o 2 de Agosto ás 17:30 horas . 1. A Copa Balbina: A Copa Balbina de Vela Tradicional é unha proba creada pola A.C.M. Os Patexeiros e levada a cabo dentro do calendario de competicións de vela do C.N.R.S. Dispútase en augas de Sada. Este ano puntuará tamén para a Copa a Regata de Perbes 2. Características dos barcos participantes : A Copa Balbina e unha proba aberta a todo tipo de embarcacións tradicionais de madeira con propulsión a vela, independentemente da súa tipoloxía, aparello ou eslora. Ó ser unha proba que pretende fomentar máis a participa

Noite de San Xoan.

Imaxe
E xa ven ahí o San Xoán Patexeiro que celebraremos, como nos últimos anos, xunto cos amigos do Club Nautico Recreativo Sada . Alí esperamos ós socios e amigos que non teñan compromiso para esa fermosa noite.  Na rampa de servizo da Escola de Vela en Sada.

Os Patexeiros no programa Ribeiras da TVG

Imaxe
O pasado domingo, Os Patexeiros fomos coprotagonistas do último programa desta tempada de Ribeiras, que se emite pola TVG. O programa estaba adicado ás ribeiras de Betanzos e de Cedeira. En Betanzos estiveron con dous dos nosos socios, Javier Naveira, e Rafa Lage, que, como moitos saberedes, embarcáronse nun gran proxecto de reflotar, arranxar e alistar para navegar con pasaxe o Novo Rumbo, un barco de máis de 17 metros que se atopaba afundido no Río Mandeo. Grazas ás nocións de carpintaría de ribeira, que aprenderon no Curso de carpintaría que organizamos, e á sua vontade e capacidade resolutiva, xa levan moi adiantados os traballos. Eu cada vez que os vexo traballar, recórdanme a McGiver, aquel persoaxe da serie de televisión que cunha grapa, un clip e unha caixa de mistos era capaz de construir unha central térmica. Logo foron ata o porto de Lorbé e alí estiveron co mestre carpinteiro, José Manuel Gómez Porto, o noso Pepe de Lorbé e posteriormente achegáronse ó noso local