Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2023

Os Patexeiros participaremos no Entroido de Sada

Imaxe
   Este ano, a nosa asociación participará dun xeito activo no desfile de carrozas do Entroido de Sada, onde imos levar unha embarcación tradicional e faremos recreacións de manobras a vela e artes de pesca.    Animádevos a participar na comparsa, que estará centrada na cultura mariñeira popular. Podedes vir disfrazados de redeiras, mariscadoras, peixeiras, mariñeiros... Aquí vos deixamos unhas fotos para que vaiades xa pensando o disfraz: