domingo, 29 de xaneiro de 2023

Os Patexeiros participaremos no Entroido de Sada

   Este ano, a nosa asociación participará dun xeito activo no desfile de carrozas do Entroido de Sada, onde imos levar unha embarcación tradicional e faremos recreacións de manobras a vela e artes de pesca. 

  Animádevos a participar na comparsa, que estará centrada na cultura mariñeira popular. Podedes vir disfrazados de redeiras, mariscadoras, peixeiras, mariñeiros... Aquí vos deixamos unhas fotos para que vaiades xa pensando o disfraz: 












Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: ospatexeiros@gmail.com ou infórmate na nosa web: www.patexeiros.org