Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2016

3º dia do Curso de carpintaría

Imaxe
Con esta terceira xornada xa chegamos ó Ecuador do curso de carpintaría de ribeira. Ó longo desta mañán os alumnos cepillaron, lixaron e colocaron os corredores de proa e por suposto embutiron as puntas. Tamén fixeron todos os encaixes para meter os barraganetes. Unha vez rematado os encaixes, fixeron as plantillas para os barraganetes, suxetándoos cunhas cuñas e colocaron uns barrotes para buscarlle a forma ós barraganetes que colocarán posteriormente e ó courel. Finalmente empezaron a cortar, cepillar e cravar os primeiros barraganetes. Seguimos a vindeira semán.

Os Patexeiros na II Feira dos Oficios Artesáns de Sada

Imaxe
Mentras uns compañeiros se encargan de coordinar o curso de carpintaría de ribeira, outra sección dos Patexeiros estivo a fin de semán do 11 ó 13 de novembro facendo movemento de barcos e montando o noso puesto na II Feira dos Oficios Artesáns de Sada. O venres pola tarde xa empezamos a montar o noso puesto, no mesmo sitio do ano pasado, a carón da porta, para estar pegados ó exterior e poder desenvolver as nosas actividades no taller de carpintaría de ribeira que montamos.   Pola noitiña chegou o primeiro barco da Asociación, a buceta Leliadoura, construída polos alumnos nunhas edicións dos cursos de carpintaría de ribeira que organizamos. A Leliadoura estaría presente, coa súa vela latina de martelo izada, ó longo dos tres días que durou a feira. Logo chegaría a buceta Punta Fiateira, sobre a que estivemos traballando ó longo de toda a fin de semán. No exterior da carpa non se podía facer nada debido á contínua choiva que caía e a que ainda non nos montaran as carpas a

2ª Xornada do Curso de carpintaría de ribeira

Imaxe
O sábado día 12 de novembro, levamos adiante en Lorbé a segunda xornada do Curso de carpintaría de ribeira. Nesta xornada, xa empezaron a traballar nun dos barcos que está recuperando a Asociación. Un fermoso bote das Rías Altas que tiñamos almacenado na finca dun dos socios. Así que alá se foi o Comandante Martiño, o noso responsable de loxística e de berrarnos, a por él Xa co bote en Lorbé, o mestre ensinóulles como quitar as plantillas das cadernas de popa. Puxeron a estampa de popa, que prácticamente quedou rematada. Tamén fixeron as plantillas dos corredores e xa deixaron colocados os da popa. Neste traballo puxeron en práctica as nocións de vaciado con trencha que aprenderon o primeiro día. O mestre tamén aproveita para que se vaia familiarizando con distintas pezas de ferramenta, polo que non é raro ver ós alumnos co cepillo de man, aplicando coñecementos. Colocaron os baos e medios baos que faltaban, que serán os que soporten as táboas da

Movemento dos barcos

Imaxe
O pasado sábado, por mor das obras de asfaltado no Porto de Lorbé tivemos que mover todos os barcos que temos varados para os traballos invernais.   Algúns estaban encima do remolque e levámolos empuxando. Para mover as dúas bucetas e o Galeón prestóunos o estaleiro Carpintaría Lorbé a súa carretilla elevadora, co que o traballo foinos moi doado. Senón xa nos víamos cargando e descargando nos remolques. En canto rematen as obras de asfaltado témolos que volver a mover pois en seguida virá a Festa da Centola de Lorbé e hai que librar a explanada. Por outra banda, onte martes, subeu ó carro a Balbina, para a súa varada invernal anual. Ten unha chea de mexillón que apañarán esta mesma tarde os compañeiros Luisjo e Dolores. Igual lles dá para vender´. Tamen lle lavarán un pouco a cara ca hidrolimpadora. Logo se irán facendo traballos de mantemento, que falta lle fai. Hai que cambiar moitas táboas da obra morta, o trancanil, sorraina, cintón, caurel.....

Primeira xornada do curso de carpintaría de ribeira

Imaxe
Onte sábado ás 9:45 da mañán demos comenzo a esta 6ª Edición do curso de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais. Tras unha breve presentación do curso e dos alumnos procedemos ó reparto dos EPI´s. Ás 10:15, o mestre Pepe Gómez Porto xa se fixo cas rendas do curso e empezou cas nocións de afiado e asentado. Unha vez afiadas e asentadas as trenchas os alumnos fixeron unha pequena práctica de facer unha caixa nunha peza de castiñeiro. Estas nocións de afiado e asentado facémolas en todas as edicións para que os alumnos se acostumbren a traballar ca ferramenta en bó estado pois iso minimiza o risco de accidentes. A práctica de facer unha caixa tamén a levamos a cabo en todas as edicións para coñecer o nivel de manexo de ferramentas que traen os alumnos, que vai dende os que son carpinteiros de profesión, a xente que ten amplos coñecementos de bricolaxe e manexan perféctamente a ferramenta manual, ata aqueles que non colleron un martelo na súa vida