luns, 21 de novembro de 2016

3º dia do Curso de carpintaría

Con esta terceira xornada xa chegamos ó Ecuador do curso de carpintaría de ribeira.


Ó longo desta mañán os alumnos cepillaron, lixaron e colocaron os corredores de proa e por suposto embutiron as puntas.





Tamén fixeron todos os encaixes para meter os barraganetes.



Unha vez rematado os encaixes, fixeron as plantillas para os barraganetes, suxetándoos cunhas cuñas e colocaron uns barrotes para buscarlle a forma ós barraganetes que colocarán posteriormente e ó courel.


Finalmente empezaron a cortar, cepillar e cravar os primeiros barraganetes.


Seguimos a vindeira semán.



1 comentario:

  1. Bo traballo, bon carpinteiro, boa Asociacion.
    Pero eu pregunto......¿poderiamos levar a Albatros e carenar e facer duas cadernas ?
    Do forro xa facemos nos.....e so o digo po la
    ferramenta....
    Seguide asi. Sodes uns fenomenos.
    Saudos a todos de Anuska e Victor.

    ResponderEliminar

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com