Ecoregata 2026 dos Patexeiros: Tradición, mar e navegación sostible
O pasado día 20, a Asociación Os Patexeiros levou a cabo unha nova edición da súa Ecoregata , en colaboración con SADAMAR e no marco do proxecto financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur “Recuperación da lancha de relinga do Norte” . A Ecoregata pretende ser algo máis ca unha actividade náutica. É tamén unha maneira de demostrar que as nosas embarcacións tradicionais representan unha forma de navegación especialmente respectuosa co medio mariño. Construídas fundamentalmente en madeira e empregando materiais renovables, estas embarcacións teñen ademais un consumo moi reducido de combustibles fósiles. O pequeno motor que algunhas delas levan a bordo emprégase unicamente por seguridade e para realizar determinadas manobras no porto, xa que a navegación se realiza principalmente a vela . Deste xeito, tradición e sustentabilidade danse a man. Recuperar as embarcacións tradicionais non significa unicamente conservar unha parte do noso patrimonio marítimo, senón tamén poñer en valor unha forma ...