Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2022

Sada será a sede do XVI Encontro de embarcacións tradicionáis de Galicia

Imaxe
        Había moitos anos que un evento tán importante para nós, o Encontro de embarcacións tradicionáis de Galicia non viña ao Norte de Galicia. E o pasado día 15 de Outubro aprobouse por unanimidade na Asamblea da Federación Galega pola cultura marítima e Fluvial a celebración deste evento en Sada.       Coma nun soño, aínda estes días estamos a frotar os ollos e preguntándonos se e verdade ou non. Si, é, e vai ser un evento que durante uns dias poña a Sada coma epicentro da vida cultural galega.      Pero unha celebración así non e sinxela de organizar, e aí estamos xa a traballar xunto co Concello de Sada e Culturmar, a Federación galega pola cultura marítima e Fluvial, da que a nosa Asociación leva xa moitos anos pertencendo, e que agrupa a prácticamente todas as asociacións e entidades a prol da conservación do noso patrimonio marítimo.      Este vindeiro sábado 5 de Novembro temos organizada xa unha asamblea informativa cara ás asociacións e colectivos de Sada para ampliar toda