Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2012

Dende Thailandia

Imaxe
Esta semán no buzón de correo do local patexeiro de Lorbé recibimos unha postal dun coñecido membro dos Patexeiros ó que non lle chegaba o mar de aquí e foise dar unha volta por Thailandia. Unha vez alí, e facendo laboura patexeira, contactou cun nativo que tiña un pequeno museo sobre a navegación tradicional dese pais, así que xa vos adianto que en breve subirá un pequeno resúmen sobre esa toma de contacto con colegas do Índico. Esperamos ese resumo con ansiedade. Esta é a famosa postal, incluimos o texto porque é moi axeitado ó motivo da postal. Palmeirán

Aguia vermella a raposo branco: ¡O paxaro xa está no niño!

Imaxe
Pois, sí, unha vez rematado o cursiño de Carpintaría, tivemos que quitar a buceta do taller de Lorbé, e levala para o noso local. O traslado fíxoo este pasado venres pola tarde,  Jose, o fillo de Pepe, co toro, con algún pequeno susto cando colleu un bache, pero sen máis contratempos. Miguel e máis eu empurramos logo por ela para asentala no local e que non estorbe moito. Palmeirán

Escapada para darlle unha man

Imaxe
O martes pola tarde, despóis de traballar, achegámonos a Lorbé aproveitando a boa tarde, para darlle outra man de mexunxe á cuberta da Desexada. Ante a escaseza de man de obra patexeira, tiven que recurrir ás novas xeracións (Patexeiras, se entende,  non das outras con maiúsculas). E mirade con que perfección e atención facía o traballo. ¡É que lle tira ó pai! Acabamos sobre as 9 e media, e mirade que bonita nos quedou. Este venres pola tarde volveremos a ver se facemos algo máis. Palmeirán.

Rematou o Cursiño de Carpintaría

Imaxe
Este sábado rematou definitívamente a 3ª Edición do Cursiño de Carpintaría de ribeira organizado pola nosa Asociación. Durante esta última xornada fíxéronse un par de cousas novas, para así acabar de ver casi complétamente todos os procedementos. Empezaron a frasquiar e a colocar as primeiras taboas do forro, que como vedes nas fotos deixaron as primeiras colocadas. Logo empezaron a botar a cuberta, Fernando e Moncho por estribor e Xulio logo por babor. Jorge continuaba coas taboas do forro. E así deixamos o proxecto da buceta do norte. A cuberta acabaremos rematándoa no local patexeiro, o resto xa veremos se queda para outro curso ou se intentaremos rematala pola nosa conta, depende da vontade que haxa nas filas patexeiras. Neste curso, que constaba de dous módulos e que ainda se fixo, a petición dos alumnos, unha ampliación a maiores, tiñamos como obxectivo a construcción dunha buceta do norte. Non conseguimos rematala complétamente porque os mestres q