Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2017

Segunda regata da IX Copa Balbina

Imaxe

V Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais

Imaxe
Esta fin de semán en Sada, levaremos adiante a nosa V Xuntanza de Embarcacións Tradicionais. Contaremos coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Sada, Marina Sada e o CNRS. Éste é o programa da V Xuntanza: Todos os barcos que teñan pensado asistir, por favor que nos avisen por mail a patexeiros@hotmail.com ou ben a traveso do noso facebook e nos comuniquen a eslora do barco para terlles un sitio no pantalán de Marina Sada, colaborador do evento. E para empezar a abrir boca, o venres estaremos na presentación do novo libro de Xurxo Lobato, Vento nas velas, na Casa do Concello de Sada, o venres 14 ás 20:30 horas. Acudide !!!! Palmeirán

Regata Porto de Redes 2017

Imaxe
Sobre as once da mañá, as duas tripulacións de A Desexada e do Canouro dábanse cita na rampa de Sada (lugar habitual de fondeo da flota patexeira). Como somos xente de costumes, costumes que convertimos en tradicións, e non hai que perdelas, ás doce comenzaban a chegar á cita os tripulantes.  No Canouro Pepe e Jaime e na Desexada, unha nova tripulación formada polo Feituco e familia, Lidia e os dous cativos, Noa e Xoel. A xornada presentabase coma un dez para practicar a navegación. Un vento constante, o mar prácticamente un prato, pero non de sopa.. se non dos modernos, totalmente plano. O único inconvinte era a compoñente Norte, e ese era o rumbo que debíamos tomar. Saíron as dúas naves a bo ritmo, pero con rumbo inconstante. Contínuas viradas que facían a navegación tan fermosa como improductiva. Pouco avanzaban e casi corenta e cinco minutos despois ainda estaban a sobrepasar o porto de Sada. Como somos mariñeiros de pro, sabíamos que o mello

XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia - Combarro 2017

Imaxe
Cos preparativos de última hora e tamén cos problemas coma sempre, pero ahí estábamos, listos para baixar a Combarro. O mércores pola tardiña, alí estábamos en Sada, cargando A Desexada e a Rabuda nos remolques. A Desexada saleu esa mesma tarde para Combarro. Alí chegamos Naveira e un servidor sobre as dez e media da noite. E nada máis chegar xa asaltamos a Xaquín Fabeiro, o presidente de A Reiboa, o clube organizador do evento. - A ver rapás, onde metemos este barco???? Coma sempre, tan disposto, empezou a desenfundar de móbil .... - "Rober, vente para aquí"!!! ... e en poucos minutos xa tiñamos catro homes da organización á nosa disposición. Levamos o remolque para o muelle onde á mañán seguinte xa se encargaría unha parte da expedición en aparellalo. Esa parte da expedición, formada por Rosa, Pepe, Lucas e Caro xa se atopaba a esas horas dando conta dunha boa cea nun dos restaurantes do porto de Combarro. Os transportistas fixemos entrega das chaves da